Inicio

Elija la categoría:

Categoria: Xeral

FONDO PESAR POLO FINAMENTO DE D. JOSÉ FONTÁNS

Profundo pesar o que embarga a toda a familia da S.D. Villestro polo finamento de D. José Fontáns Vite. "Fontáns", como era coñecido, era un dos históricos da S.D. Villestro, xa que foi membro do primeiro equipo da historia do Club o ano da súa fundación, 1983. Home de carácter, de xenio, cunha gran chispa e sempre alegre e retranqueiro, capaz de sacar adiante os maiores retos cun sorriso na faciana. Familiar, amigo dos seus amigos, futboleiro e namorado da caza e do monte. Como xogador caracterizouse polo seu carácter defensivo, expeditivo, serio, áxil, rápido e contundente. O lateral dereito do vello campo da Barrosa quedábaselle curto para liberar todo o seu xenio. Rematada a súa carreira futbolística, continuou vencellado ao Club como socio e como un dos membros máis activos da Organización da Romaría do Deporte. Pai dunha das xeracións de futbolístas máis importantes da historia do Club e porqué non dicilo, da comarca. Os irmáns Andrés, Alberto "Choco" e Fernando pasaron por todas as categorías de base do Club, dende Prebenxamíns ata a de Sénior, acadando entre os tres os maiores éxitos deportivos da Entidade (Ligas, Copas, ascensos...). A iso hai que engadir o traballo e dedicación que dende hai preto de quince anos Alberto "Choco" está a realizar coas categorías de base como adestrador e co Club como responsable do material e equipamento deportivo. Dende o Club amosamos a nosa máis profunda pena e pesar polo falecemenrto de D. José Fontáns Vite. Queremos dar todo o noso agarimo, ánimo e forza a súa dona Juana, aos seus pais D. José e Dna. Edelmira, e moi especialmente aos seus fillos Andrés, Alberto e Fernando xunto coas súas donas Lorena, Laura e Lidia. Ata sempre Fontáns. O teu xenio, a túa chispa e o teu carácter indomable permanecerá sempre na nosa memoria. Descansa En Paz

Descarga: José_Fontans_Vite.jpg

Publicado: 2021-08-16 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

2ª ESCOLA DE VERÁN S.D. VILLESTRO

Deixamos información e formulario de inscrición da 2ª Escola de Verán da S.D. Villestro que se celebrará entre os días 28 de xuño e 9 de xullo no Campo de Fútbol Municipal da Barrosa. Poderán participar aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 14 anos. O horario da Escola será de 09:30 h. a 14:00 h., se ven haberá dispoñible Servizo de Madrugadores (de 08:00 a 09:30 h.) e Servizo de Comedor (de 14:00 h. a 15:00 h.). Realizaranse todo tipo de actividades: deportivas (non só fútbol), tecnolóxicas lúdicas e culturais. Prazas Limitadas!!! Non hai nada que pensar!!! APUNTATE XA!!!!

Descarga: DIPTICO_DIFUSION.pdf

Publicado: 2021-06-09 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

XORNADA DE PORTAS ABERTAS EQUIPO PROMESAS FEMININO

⚽️ FEMININO PROMESA⚽️ 💥💥Xa temos días e horas confirmadas para o inicio dos adestramentos para formar o equipo feminino promesas! 📌MÉRCORES 9 as 17.30h 📌MÉRCORES 16 as 17.30h 📍Campo Municipal A Barrosa Aínda podedes anotarvos. É imprescindible a inscrición previa co fin de cumprir todos os protocolos antiCovid establecidos pola Autoridades Públicas e organismos competentes. A que agardas!!! Ven a probar!!!! Somos azuis..., somos do Villestro!!!

Descarga: ADESTRAMENTO_PROMESAS_FEMININO.jpg

Publicado: 2021-06-04 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

JACOBO MÍGUEZ COLLE A COORDINACIÓN DE FÚTBOL-11

A S.D. Villestro comunica a designación de Jacobo Míguez como o novo Coordinador da modalidade de Fútbol 11 para a tempada 2021-22. Jacobo, que xa exerce no club como adestrador do primeiro equipo sénior masculino, releva no posto a Marcos Conde que até o momento viña a ser a persoa respansable deste área en toda a súa extensión (fútbol sá, fútbol-8 e fútbol-11). Jacobo está a traballar dende xa planificando unha tempada na que seguro seguiremos medrando como club. Desexámoslle toda a sorte do mundo para esta nova etapa!! Somos azuis..., somos do Villestro!!

Descarga: Jacobo_Coordinador.jpg

Publicado: 2021-05-25 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN FÚTBOL FEMININO TEMPADA 2020-21

A S.D. Villestro quere ampliar a súa sección Feminina e para iso abrimos o prazo de inscricción para o equipo promesa. Todas as rapazas interesadas nadas entre os anos 2009 e 2012, poden poñerse en contacto mediante Instagram, Facebook ou no teléfono de contacto (696173726). Se desexas recibir máisa información, ponte enb contacto a través do noso e-mail: sdviullestro@sdvillestro.com Anímate e apúntate!!

Descarga: cartel_feminino.jpg

Publicado: 2021-05-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

INICIAMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA OS MÁIS PEQUENOS

NOVA IMPORTANTE Un ano máis comezamos coas xornadas de portas abertas para @s máis pequen@s nad@s nos anos 2014, 20145, 2016. A data de comezo será o mércores 21 de abril ás 17.30h no Campo de Fútbol da Barrosa. As prazas son limitadas!! Non o dubides e ven a pasar un bo rato de fútbol con nos. Apúntate!!!! Para máis información, chamar ao teléfono 696173726.

Descarga: xornada_portas_abertas.jpg

Publicado: 2021-05-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

MEDIDAS ANTICOVID-19 PARA O INICIO DOS ADESTRAMENTOS

Aquí deixamos un resumo moi xeral das principais medidas a ter en conta polos xogadores para o inicio da actividade deportiva. Son as máis xerais de todo o documento que foi enviado, se ben todas (incluídas as que non están expostas) son importantes. A DIRECTIVA

Descarga: 1605891594-CARTEL_PROTOCOLO_COVID.pdf

Publicado: 2020-11-20 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

MEDIDAS A SEGUIR PARA O ACCESO ÁS INSTALACIÓNS

Aquí deixamos un plano resumido que se deberá ter en conta por rapaces e titores para acceder aos adestramentos. A entrada farase pola porta principal e a saída polas portas laterais de emerxencia e servizo. Cada campo de adestramento terá asignado un aparcamento dende o que se deberá acceder ao recinto. Unha vez rematado o adestramento os xogadores/as sairán do recinto polas portas laterais de emerxencia ou servizo más próximas ao aparcamento. Dentro das instalacións, o gradería estará dividido en 2 partes coincidentes cos 2 campos de adestramento. Os xogadores/as deberán ocupar os asentos sinalados e correspondentes ao seu campo de adestramento, deixando baleiros os que así o indiquen. Agora que #estamos de volta, non o veotemos todo a estragar!! A DIRECTIVA

Descarga: plano campo villestro.pdf

Publicado: 2020-11-20 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

PROTOCOLO ANTI COVID-19 PARA XOGADORES/AS

Deixamos documento co protocolo de actuación anti-COVID-19 a ter en conta por todos os xogadores/as do Club para o inicio dos adestramentos. É un resumo detallado dos puntos a ter en conta. Dito protocolo foi establecido seguindo as indicacións do Departamento de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, adaptandoo ás características das instalacións da Barrosa e revisado posteriormente por dito Departamento obtendo o seu visto bo. É IMPORTANTE QUE TODOS/AS CUMPRADES DE FORMA ESCRUPULOSA TODOS E CADA UN DOS PUNTOS INDICADOS. Costou moito volver a empezar, e agora que #estamos de volta, non o votes todo a estragar. A DIRECTIVA

Descarga: 1605789044-PROTOCOLO XOGADORES.pdf

Publicado: 2020-11-19 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

PROTOCOLO ANTI COVID-19 PARA PAIS/NAIS/TITORES DOS XOGADORES/AS

Deixamos documento co protocolo de actuación anti-COVID-19 a ter en conta por todos os titores legais dos xogadores do Club para o inicio dos adestramentos. É un resumo detallado dos puntos a ter en conta. Dito protocolo foi establecido seguindo as indicacións do Departamento de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, adaptandoo ás características das instalacións da Barrosa e revisado posteriormente por dito Departamento obtendo o seu visto bo. É IMPORTANTE QUE TODOS/AS CUMPRADES DE FORMA ESCRUPULOSA TODOS E CADA UN DOS PUNTOS INDICADOS. Costou moito volver a empezar, e agora que #estamos de volta, non o votes todo a estragar. A DIRECTIVA

Descarga: PROTOCOLO PAIS-NAIS-TITORES.pdf

Publicado: 2020-11-19 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

JOSÉ ANTONIO ÁLVAREZ QUINTÁNS DEIXA O CARGO DE PRESIDENTE

Dende a presente, informamos a todos/as da actualización da Xunta Directiva do Club debido á dimisión de forma irrevogable do ata entón Presidente, D. José Antonio Álvarez Quintáns. O seu posto será ocupado por D. José Manuel Noya Conde. José Antonio é unha desas persoas da que o Club nunca se esquecerá e á que sempre se lle estará agradecido. Formou parte do primeiro equipo oficial da historia da S.D. Villestro. Central de grandísima calidade técnica, sobrio, serio, intelixente e elegante no xogo. No fútbol da época era prácticamente imposible ver a un xogador das súas características técnicas xogar de central e poder sair co balón xogado dende a defensa, sen rifalo. Retirado do fútbol afeccionado aínda disfrutaría del, se ben por pouco tempo, na categoría de Veteranos onde volvería a amosar a súa grande elegancia técnica e táctica. As lesións e a dureza da categoría fixo que abandonase a súa práctica. Pai do tamén xogador do Club Álfonso Álvarez (militou dende prebenxamíns ata retirarse na categoría sénior na que acadaría os maiores éxitos da S.D. Villestro logrando o ascenso a Preferente Autonómica), entraría a colaborar coa S.D. Villestro hai preto de 30 anos formando parte da Directiva durante todo este tempo, ocupando diferentes cargos e acompañando ao equipo sénior nos seus encontros como local e nos desprazamentos, mesmo chegando a exercer de Delegado de equipo nalgún dos encontros. Vivíu as miserias e disfrutou as grandezas do Club ao carón do sempre eterno Presidente Suso Conde, participando activamente de todos os actos e eventos que dende a S.D. Villestro se desenvolvían (Romaría do Deporte, Cea de Nadal, Memorial Sergio Lemos, encontros solidarios...). Tralo duro golpe que supuxo o falecemento do seu amigo e Presidente Suso Conde, aceptou a difícil tarefa de coller as rendas do Club para continuar co seu legado e contribuir a súa estabilidade durante estes 2 anos. Sempre dixo que loitaría e deixaría a Entidade cando lograra cambiar o nome do Campo da Barrosa polo de "Municipal Suso Conde". Loitou sen descanso por tan gran obxectivo, pero non tivo a recompensa agardada. Ninguén lle pode nin lle vai quitar o seu mérito. Moitas grazas por todo José Antonio. Deixas o Club, pero o Club nunca te deixará a ti..., eres e serás unha parte importante da nosa historia!!!

Descarga: NOTA INFORMATIVA.pdf

Publicado: 2020-10-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

COMUNICADO OFICIAL

Ante as constantes chamadas que están a recibir membros desta Xunta Directiva por parte de socios/as, así como de xente con xogadores noutros Clubs e que están interesados en formar parte da nosa estrutura deportiva, para preguntar sobre os inicios dos adestramentos grupais e da competición e co obxectivo de atallar posibles malos entendidos que se poden producir e que poden prexudicar a esta Entidade, dende a Sociedade Deportiva Villestro presentamos o seguinte COMUNICADO INFORMATIVO que axuntamos neste enlace.

Descarga: COMUNICADO_OFICIAL.pdf

Publicado: 2020-09-17 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ATA SEMPRE RICARDO, DESCANSA EN PAZ

Pesar na familia da S.D. Villestro polo finamento o pasado día 5 de agosto de D. Ricardo Conde Míguez aos 58 anos de idade. Ricardo foi un dos integrantes do primeiro equipo da historia do Club no ano da súa fundación. Xenio e figura, sobre o terreo de xogo destacaba tanto pola súa sobresaínte calidade técnica como polo seu incontrolable carácter. Foi tan querido como compañeiro como odiado por rivais e sobre todo polo colectivo arbitral, xenio e figura!! Formaría parte tamén, aínda que por pouco tempo, do equipo de veteranos O Desvío no que seguiría demostrando as súas dotes futbolísticas. Xa retirado da actividade deportiva, sempre foi un fiel e incondicional seguidor da S.D. Villestro tanto como socio do Club como patrocinador a través do seu establecemento hostaleiro. As tardes do domingo no vello campo da Barrosa non eran o mesmo sen Ricardo: sen o seu alento, sen o seu pulo, sen a súa ilusión, sen a súa alegría, sen o seu carácter... Persoa alegre, divertida, retranqueira, positiva... Pouco a pouco os problemas de saúde fórono apartando tanto da súa dedicación profesional como da súa paixón polo fútbol en xeral e polo seu Villestro en particular. Dende a S.D. Villestro queremos amosar o noso máis sentido cariño e apoio a súa dona MariCarmen e a súa filla María, ao tempo que extendemos as nosas condolencias a toda a súa famila máis próxima, moita dela vinculada durante moito tempo ao Club. Fuches, eres e sempres serás único Richy. A Barrosa nunca foi o mesmo sen ti!! Descansa en Paz!!

Descarga: equipo1983.jpg

Publicado: 2020-08-09 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ÁLVARO LEMOS PERDE O QUE QUEDA DE TEMPADA POR UNHA LESIÓN MUSCULAR

O noso canteirán e xogador da U.D. Las Palmas, @alvarolemos10, volveu a sufrir unha nova lesión que, previsiblemente, o apartará do campionato de ligueiro que está a piques de reanudarse. Nesta ocasión sofre unha rotura fibrilar grado II-III do recto anterior izquierdo. A baixa médica estímase en seis semanas. ¡Moito Ánimo Álvaro!

Descarga: alvarolemos.jpg

Publicado: 2020-06-04 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

HISTÓRICO ASCENSO A LIGA GALEGA O INFANTIL "A"

💥💥🏆 MOMENTO HISTÓRICO 🏆💥💥 Na SD Villestro estamos de parabéns!! A RFGF acaba de facer oficial que o noso INFANTIL A acaba de ascender á LIGA GALEGA. Fito historico no Villestro posto que vai ser a primeira vez na historia do club, que un dos nosos equipos competirá na Liga Galega 🎉🎊🎉🎊 O infantil A, antes do parón polo COVID19, estaba a facer unha tempada espectacular, a piques de proclamarse CAMPIONS de LIGA posto que, a falta de poucas xornadas, ían primeiros sacándolle 10 puntos (cun partido máis) ao segundo clasificado, o EFM Concello de Boiro 🏆🏆 Moitos PARABÉNS ao corpo técnico, dirixido por Brais Vidal, e a todos os xogadores por facer posible este momento histórico 😍😍 Acabades de formar parte da historia do club. Estamos moi orgullosos de vós!! 👏👏👏 Para o ano que vén, o INFANTIL A competirá, pois, cos mellores equipos infantís de Galicia ✌✌ Desde hoxe mesmo traballaremos duro para formar o mellor equipo posible. Somos azúis, somos do Villestro!!! 💙💙 #LigaGalega #InfantilA #Ascenso #OrgullososDosNosos #FitoHistórico #SDVillestro www.sdvillestro.com Instagram: SDVillestro Twitter: @SDVillestro

Descarga: 1590684157-infantilA.jpg

Publicado: 2020-05-28 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ÁLVARO LEMOS FELICITA AO EQUIPO INFANTIL POLO ASCENSO A LIGA GALEGA

🔔✒ DEDICATORIA ESPECIAL ✒🔔 Un dos nosos canteiráns máis famosos, ÁLVARO LEMOS (xogador do Las Palmas) tralo momento tan bonito que está a vivir o noso club co ascenso, por primeira vez na nosa historia, á Liga Galega, quixo dedicar unhas agarimosas palabras ao equipo Infantil. Podedes consultar o video no noso perfil de facebook e no instagram do Club Grazas por esta dedicatoria e por estar sempre aí, Alvaro!! Ti tamén es un dos nosos orgullos 💙 Somos azúis! #Canteira #SDVillestro #AscensoLigaGalega #OrgullososDosNosos #SomosAzúis

Descarga: AlvaroLemos.jpg

Publicado: 2020-05-28 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

DASE POR FINALIZADA DE FORMA OFICIAL A TEMPADA 2019-2020

A RFGF acaba de sacar unha nota de prensa anunciando que dan por FINALIZADAS todas as competicións de FÚTBOL. O Fútbol 8 e fútbol sala (biberón, prebenxamín e benxamín) rematan sen ningún efecto clasificatorio. O Comité de Competición resolverá, o mércores 27, que equipos ascenden en cada categoría. Este punto e final da, a súa vez, o pistoletazo de saída á nova tempada que dende o Club xa estamos a preparar. Das novas que vaian saíndo da RFGF sobre a competición e a adaptación á nova reaizade iremos informando Somos azúis!!

Descarga: 1590593488-NOTA_DE_PRENSA_RFGF.pdf

Publicado: 2020-05-27 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

CONTRA O CORONAVIRUS, QUEDA NA CASA!!!!

Dende a S.D.Villestro anunciamos que continua a suspensión dos encontros oficiais ata nova orde. Do mesmo xeito, continúan suspendidos os adestramentos de todos os nosos equipos ata nova orde en aras de protexer a saude dos nosos/as deportistas e atendendo de forma rigorosa ás recomendción do Goberno de España. Dende a S.D. Villestro convidamos a todos os nosos deportistas, familiares, socios/as, seguidores, rivais deportivos e veciños, que respecten o de forma total as indicacións das Autoridades. Isto é unha guerra que debemos vencer entre todos, e con un só que se salte as normas, teremos unha batalla perdida!!! Rogamos máxima DISCIPLINA e RESPECTO polas novas normas de convicencia instauradas polo Goberno de España. É polo ben de todos. Canto máis estrictos sexamos, antes sairemos desta situación, antes venceremos ao Covid-19. Queda na casa, lava constantemente as mans, e se tes que sair á rúa, usade luvas e manten a distancia de seguridade. Cando voltes para a casa, tira as luvas e volver a lavar as mans!!! Estamos ante o partido máis difícil das nosas vidas. Xogando en equipo lograremos vencelo. A táctica é moi sinxela: QUEDA NA CASA #QuedaNaCasa

Descarga: QUEDANACASA.jpg

Publicado: 2020-03-24 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

SUSPENDIDA A COMPETICIÓN E OS ADESTREAMENTOS POR MOR DO COVID-19

Seguindo as indicación do Goberno de España, quedan suspendidos todos os adestramentos da S.D. Villestro, ata nova orde, pola notable aumento de infeccións do Covid-19 (Coronavirus) en España. Do mesmo xeito, e atendendo á orde publicada polo Goberno, o Concello de Santiago ven de suspender a realización de actividades deportivas ao ar libre e nos pavillóns deportivos, polo que pecha a totalidade das súas instalacións. Ao mesmo tempo, a Real Federación Galega de Fútbol suspende, momentaneamente, todas as competicións oficiais ata ver como evoluciona esta pandemia. A orde do Goberno de España é clara, confinamento total nas casas. Rogamos responsabilidade e respecto polas novas normas. É polo ven de todos!!! Respectemos as normas. Venzamos ao Coronavirus. QUEDADE NA CASA!!! #QuedaNaCasa

Descarga: coronavirus.jpg

Publicado: 2020-03-24 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LAURA E DANIELA COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-14

A selección de Santiago Sub 14 feminina adestrou esta tarde do 23 de febreiro, no campo de Conxo. De novo, dúas das nosas infantís estiveron seleccionadas para participar neste adestramento: ➖ Laura Otero Fuertes ➖ Daniela Rivas Pazos Parabéns ás dúas! 👏👏👏 Somos azúis! ⚽💙⚽

Descarga: LAURA_DANIELA.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

KIKE E HUGO CAMPIÓNS GALEGOS COMARCAIS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-13

🏆 SELECCIÓN SANTIAGO SUB13 🏆 Ao longo de todo o día deste luns 24 de febreiro estívose disputando, en Corme, o Campionato Comarcal Galego Sub-13 masculino de fútbol. Con pleno de vitorias, tras gañar a Ferrol, A Coruña, A Costa e, na final, a Pontevedra, os nosos dous infantís Enrique Souto Albert (KIKE) e Hugo Pazos Conde (HUGO PAZOS) proclamáronse, coa selección de Santiago, campións Comarcais Galegos. Gran torneo o realizado polos dous!!! A seguir así, rapaces👏👏👏 Moitos parabéns!!! 🏆🏆🏆 Somos azuis!! 💙⚽💙

Descarga: KIKE_HUGO.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

KIKE E HUGO PAZOS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-13

🏆 SELECCION SUB 13 SANTIAGO 🏆 Mañá, luns 24 de febreiro, disputarase o Campionato Comarcal Galego de Seleccións masculinas sub11 e Sub13. A selección de Santiago Sub-13 tivo un amigable esta semana no cal ían saír os 18 seleccionados finais. Por parte do Villestro estamos contentos de ver como dous dos nosos infantís entraron na convocatoria da Sub-13 para xogar o Campionato, en Corme. Así pois, moitos parabéns a ➖ Enrique Souto Albert ➖ Hugo Pazos Conde Gozade da experiencia que ides vivir e moita sorte no Campionato!! 👏👏 Somos azúis!

Descarga: HUGO_KIKE.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

HUGO PAZOS E KIKE PRESELECCIONADOS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-13

No día de hoxe, 13 de febreiro, a selección de Santiago Sub-13 esta adestrando para preparar o Campionato Galego Comarcal. Nesta convocatoria están seleccionados dous dos nosos infantís ➖ Enrique Souto Albert ➖ Hugo Pazos Conde Moitos parabéns aos dous e a seguir gozando desta bonita experiencia Somos azúis! 💙⚽💙

Descarga: 1584954008-HUGO_KIKE.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LAURA OTERO COA SELECCIÓN GALEGA SUB-15

⚽ SELECCIÓN GALEGA SUB 15 ⚽ A Selección Galega Sub-15 vai disputar a 2° Fase do Campionato de España, en Murcia, o sábado 15 e domingo 16. Unha vez máis temos representación do Villestro na categoría, a nosa infantil LAURA OTERO FORTES. Moitos parabéns. 👏👏👏 Somos azúis!! 💙⚽💙

Descarga: LAURA_OTERO_SEL_GAL_SUB15.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

NEREA COELLO CONVOCADA COA SELECCIÓN GALEGA SUB-17

⚽ SELECCIÓN GALEGA SUB 17 ⚽ A Selección Galegas Sub17 vai disputar a 2° Fase do Campionato de España, en Valencia, o sábado 15 e domingo 16. Unha vez máis temos representación do Villestro. Nesta ocasión será a nosa xogadora do equipo Feminino, NEREA COELLO SANJURJO Moitos parabéns. 👏👏👏 Somos azúis!! 💙⚽💙

Descarga: NEREA_COELLO_SELEC_GAL_SUB17.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ROI, KIKE E HUGO CONVOCADOS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-13

A selección masculina Sub-13 de Santiago vai adestrar, hoxe mércores 22 de xaneiro, ás 16:00h no campo da Barrosa (villestro). Primeira convocatoria para preparar o campionato comarcal. Como representantes do Villestro están seleccionados tres dos nosos infantís: 📌 Enrique Souto Albert (Kike) 📌 Hugo Pazos Conde 📌 Roi Dorrego Núñez Parabéns rapaces por esta convocatoria e a gozala ao máximo! 👏👏 Somos azúis!! 💙⚽💙

Descarga: ROI_KIKE_HUGO.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LAURA E DANIELA COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-14

No día de hoxe, luns 20 de xaneiro, no campo da Barrosa (Villestro) comeza a adestrar a selección de Santiago Feminina Sub-14, para preparar o campionato Comarcal Futbol 11 Como representantes do Villestro están seleccionadas dúas das nosas xogadoras infantís: 📌 Laura Otero Fuertes 📌 Daniela Rivas Pazos Seguide aprendendo como o facedes e gozade, unha vez máis, desta bonita experiencia. Somos azúis!

Descarga: 1584955064-LAURA_DANIELA.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

DARIO, MARTIN, MARCO E BRAIS CAMPIÓNS GALEGOS DE FÚTBOL SALA

Este domingo 28 de decembro xogouse a Fase Final Galega Comarcal de fútbol sala Benxamín. Catro dos nosos benxamíns (Darío Calvo, Martín Forján, Marco Batovaz e Brais Mosquera) acábanse de proclamar campións coa Selección de Santiago de Fútbol sala. Moitos parabéns aos 4 👏👏👏👏 Que esta experiencia tan bonita que acabades de vivir vos anime a seguir traballando para mellorar cada día poder gozar do que máis vos gusta. Somos azúis!!! 💙⚽💙

Descarga: DARIO_RUBEN_MARCO_MARTIN_SELEC_BENXAMIN_SALA.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

RUBEN RAMA SUBCAMPIÓN GALEGO DE FÚTBOL SALA

Este domingo 28 de decembro xogouse a Fase Final Galega Comarcal de fútbol sala Alevín. Nel tiñamos representación do Villestro, Rubén Rama Seoane, que se proclamou Subcampión, coa selección santiaguesa. Moitos parabéns 👏👏👏👏 Que esta experiencia tan bonita que acabas de vivir che anime a seguir traballando para mellorar cada día poder gozar do que máis che gusta. Somos azúis!!! 💙⚽💙

Descarga: RUBEN_RAMA_SELECC_ALEVIN_SALA_.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

FINAIS COMARCAIS DE FÚTBOL SALA

⚽ SELECCIÓNS SANTIAGO F.S. ⚽ Hoxe, sábado 28 de decembro, en Lalín (pavillón Lalín Arena), vaise xogar a FASE FINAL Comarcal de Fútbol Sala BENXAMÍN e ALEVÍN masculina. Para esta Fase Final clasificáronse as dúas seleccións de Santiago e, como xa aconteceu na Fase Previa, o Villestro aparece representado por varios dos nosos xogadores. Na selección Benxamín: ➡ Marco Batovaz Campos ➡ Darío Calvo Boquete ➡ Martín Forján Costoya ➡ Brais Mosquera Seoane Na selección Alevín: ➡ Rubén Rama Seoane Estar aí xa é un premio para todos vós. Agardamos que poidades gozar e aprender desta experiencia tan bonita. Moita sorte e... a por todas!!! 👏👏👏 Deixámosvos aquí 👇 o calendario da semifinal Somos azúis!! 💙⚽💙

Descarga: DARIO_RUBEN_MARCO_MARTIN_SELEC_BENXAMIN_SALA_3.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

RUBEN RAMA CONVOCADO COA SELECCIÓN DE SANTIAGO DE SALA ALEVIN

⚽ SELECCION F.S. SANTIAGO ALEVÍN ⚽ Mañá. domingo 22 de decembro, en Marín, a selección de Santiago de Fútbol Sala Alevín, xoga a Previa do Campionato Galego de Seleccions Comarcais de fútbol Sala. En representación do Villestro está seleccionado o noso alevín: ➡ Rubén Rama Seoane Moita sorte e a gozar desta nova experiencia. Somos azúis!!!! 💙⚽💙

Descarga: RUBEN_RAMA_SELECC_ALEVIN_SALA_3.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

MARCO, DARÍO, MARTÍN E BRAIS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO DE SALA BENXAMÍN

⚽ SELECCION F.S. SANTIAGO BENXAMÍN ⚽ Mañá. domingo 22, en Marín, a selección de Santiago de Fútbol Sala Benxamín, xoga a Previa do Campionato Galego de Seleccions Comarcais de fútbol Sala. En representación do Villestro están seleccionados catro dos nosos benxamíns: ➡ Marco Batovaz Campos ➡ Darío Calvo Boquete ➡ Martín Forjan Costoya ➡ Brais Mosquera Seoane Moita sorte e a gozar desta nova experiencia. Somos azúis!!!! 💙⚽💙

Descarga: DARIO_RUBEN_MARCO_MARTIN_SELEC_BENXAMIN_SALA_4.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LIDIA E NEREA COA SELECCIÓN GALEGA SUB-17

⚽ SELECCION GALEGA FEMININA SUB-17 ⚽ Esta fin de semana do 21 de decemnbro, a Selección Galega Sub-17 feminina xogou, en Bilbao, o Campionato de España. A Galega Sub-17, encadrada no grupo B, e representada polo Villestro polas xogadoras do equipo feminino LIDIA LÓPEZ SÁNCHEZ e NEREA COELLO SANJURJO xogaron o venres fronte Cataluña perdendo 1-4, e hoxe, sábado, fronte a Aragón gañando 1-2 Parabéns á Selección Galega e, especialmente ás nosas, Lidia e Nerea. Estamos moi orgullosos de vós, rapazas 💙 A seguir así!! 👏👏👏 Somos azúis!!! 💙⚽💙

Descarga: LIDIA_NEREA_SELEC_GALEGA_SUB17.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LIDIA COA SELECCIÓN GALEGA SUB-15

⚽ SELECCION GALEGA FEMININA SUB-15 ⚽ Esta fin de semana do 21 de decembro a selección Galega Sub-15 feminina xogou, en Bilbao, o Campionato de España. Representando ao Villestro atopábase por Laura Otero. Estamos moi orgullosos de ti💙 A seguir así!! 👏👏👏 Somos azúis!!! 💙⚽💙

Descarga: 1584956443-LAURA_OTERO_SEL_GAL_SUB15.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LAURA OTERO COA SELECCIÓN GALEGA SUB-15

⚽ SELECCION GALEGA FEMININA SUB-15 ⚽ Esta fin de semana do 21 de decembro a Selección Galega Sub-15 feminina xogou, en Bilbao, o Campionato de España. A Galega Sub-15, encadrada no grupo B, e representada polo Villestro por LAURA OTERO FUERTES, xogou o venres fronte Cataluña perdendo pola mínima (0-1) e hoxe, sábado, fronte a Aragón gañando 0-4 cunha grande actuación de Laura, marcando incluso o primeiro gol (no resumo confunden á galeadora). Parabéns á Selección Galega e, especialmente a nosa Lauriña, que un ano máis segue destacando na súa categoría. Estamos moi orgullosos de ti, Laura 💙 A seguir así!! 👏👏👏 Somos azúis!!! 💙⚽💙

Descarga: 1584956695-LAURA_OTERO_SEL_GAL_SUB15.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

6 XOGADORES ALEVÍNS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-11

⚽ SELECCIÓN SUB-11 SANTIAGO ⚽ Mañá, martes 26 de novembro, a selección masculina de fútbol 8 de Santiago alevín convocou a seis dos nosos xogadores para un primeiro adestramento no campo Municipal de Conxo. Como representantes do noso club están convocados: ➖ Hugo Lesende Gil ➖ Diego Seoane González ➖ Julio Pita Rodil ➖ Iker Ramírez Porto ➖ Eidan Barrio Kyder ➖ Alejandro Seoane Míguez Agardamos que gocedes desta bonita experiencia e que o tomedes como un premio ao bo traballo. A seguir así! Somos azúis! 💙⚽💙

Descarga: ALEVINS_SELEC_SUB11.jpg

Publicado: 2020-03-23 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

SEMPRE CON NÓS SERGIO

XI MEMORIAL SERGIO LEMOS Este xoves, 15 de agosto, celebrouse, na Barrosa, o Memorial Sergio Lemos que enfrontou ao Villestro Sénior Masculino fronte a un rival de Preferente como é o Sigüeiro FC e que serviu de presentación ante a afección, rematando o partido cun resultado de 0-3. Tarde soleada con bo ambiente na bancada na que se atopaban, coma cada ano, familiares de Sergio Lemos. Faría as honras do encontro a parella de Álvaro Lemos (xogador do Las Palmas) que actuaría en nome da familia. XA VAN 11 ANOS SEN TI, SERGIO. LEMBRÁMOSTE, AÑORÁMOSTE... POR SEMPRE NOS NOSOS CORAZÓNS!!! QUERÉMOSTE!!! 💙

Descarga: XImemorialSL.jpg

Publicado: 2019-08-22 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

XI MEMORIAL SERGIO LEMOS

XI MEMORIAL SERGIO LEMOS Este xoves, 15 de agosto, celebrarase no Campo de Fútbol Municipal da Barrosa, o XI Memorial Sergio Lemos. Para esta edición o equipo convidado será o Sigüeiro FC, rival importante que militará, por primeira vez na súa historia, na Preferente Galicia e no que milita o histórico do fútbol galego Juan Luis Amigo Ferreiro "Juanito", que nos seus inicios compartira vestiario na SD Compostela cun vello amigo, seguidor e colaborador do noso Club como é Santi Cao. Posteriormente militaría despois en equipos como o R.C. Deportivo da Coruña, Real Betis, Rácing de Ferrol, U.D. Mérida, U.D. Levante ou C.D. Toledo, rematando no Narón B.P. Actualmente, e con 50 anos, goza da súa quinta tempada no equipo dos seus amores, o Sigüeiro FC. Sen dúbida, motivo de sobra para poder ver en acción un dos fútbolistas máis importantes e queridos do fútbol galego e un exemplo para todos/as. O encontro servirá como presentación ante a afección do equipo sénior masculino da S.D. Villestro, encabezado por Jacobo Míguez na dirección técnica, e coa colaboración de Jose Casal e a asistencia de Miki. A entrada será de balde!!! Agardámosvos a todos/as neste día tan sinalado para a S.D. Villestro. VAI POR TI SERGIO. LEMBRÁMOSTE, QUERÉMOSTE, AÑORÁMOSTE... SEMPRE ESTÁS NOS NOSOS CORAZÓNS!!! Sabemos que nin ti nin Suso fallaredes a esta cita, agardamos que tamén gocedes dela!!! Xa van 11 anos sen ti..., pero a túa memoria segue intacta... Por sempre nos nosos corazóns!!! QUERÉMOSTE SERGIO!!! 💙

Descarga: XIMEMORIALSL.jpg

Publicado: 2019-08-14 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ADRIÁN COUSELO REFORZA A PORTERÍA DA S.D. VILLESTRO

EQUIPO SÉNIOR 📌 Seguimos presentando novas fichaxes. Esta vez prácenos presentar a Adrián Couselo, porteiro que, pese a non ser veterano, ten moita experiencia non só nesta categoría, senón tamén en categorías superiores como primeira rexional e preferente, onde xogou no Amio e no Flavia. Procedente do Zona Vella, Couselo é un porteiro moi áxil, que xoga moi ben cos pés. Considerado un "parapenaltis", na última final da Copa do Sar conseguiu parar 3 na quenda de penaltis e, previamente, xa o fixera tamén noutra eliminatoria parando outros dous. Benvido Adrián e moita sorte nesta nova etapa!!! 👏👏 Comeza a revolta 💙⚽💙

Descarga: adriancouselo.jpg

Publicado: 2019-08-13 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

GRAZAS!!!

A familia da SD Villestro tivemos unha fin de semana moi intensa na cal a emotividade estivo moi presente. Hai xusto un año que o noso presi, Suso Conde, nos deixou e, todos os que o queremos non quixemos faltar aos eventos que se organizaron na súa honra e memoria. Comezaba o sábado cunha misa cantada (o Cabodano), onde a Igrexa de Santa María de Villestro, media hora antes, xa se quedaba pequena para acoller aos centos de persoas que quixeron asistir e que, moitos deles, mesmo tiveron que escoitar a misa desde fóra. Ao día seguinte, o domingo, no campo da Barrosa (Villestro) disputouse o I Memorial Suso Conde onde, aínda máis se cabe, as emocións estiveron a flor de pel. Comezaba, como non podía ser doutra maneira, co partido do sénior feminino, equipo que tanta ilusion lle facía a Suso e polo que tanto loitou, defendeu e apoiou. As rapazas enfrontáronse a un recentemente creado SDC Ordes. O Memorial rematou co partido do sénior masculino que se enfrontaba a unha selección de ex-xogadores do Villestro que, con moita ilusión quixeron participar nesta bonita homenaxe. Entre partido e partido, a directiva da SD Villestro fíxolle entrega dun ramo de flores á súa viúva, Carmen Seoane, que acompañada dos seus fillos, Marcos e Pepe, e do seu neto Óliver, protagonizaron o momento máis emotivo e especial da tarde. As mostras de cariño cara ao noso eterno presidente non pararon durante toda a fin de semana. Ben seguro, Suso estaría moi orgulloso. Rematamos así un día emotivo, bonito e intenso. Seguímoste botando de menos, Suso. Sempre nos nosos corazóns! ♥ En nome da familia de Suso e da Directiva da SD Villestro, MOITAS GRAZAS a todos por acompañarnos nesta fin de semana tan especial para nós 💙

Descarga: MEMORIALSC.jpg

Publicado: 2019-08-13 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ACTOS NA MEMORIA DE SUSO CONDE

O sábado 3 de agosto vai facer xusto un ano que o noso presi, Suso Conde, nos deixou. Por este motivo, esta fin de semana haberá varios eventos na súa honra. O SÁBADO, na Igrexa Santa María de Villestro, ás 19:00h, teremos o Cabodano de Suso, no cal, todos aos que vos apeteza asistir estades convidados. O DOMINGO, no campo da Barrosa, faremos o I Memorial Suso Conde onde os nosos dous equipos séniors, Feminino e Masculino, xogarán ás 18:00 e 20:00h respectivamente. A memoria do noso presidente, sempre presente! 💙

Descarga: 1564760228-CARTELMEMORIAL.jpg

Publicado: 2019-08-02 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

MEMORIAL SUSO CONDE

O vindeiro 4 de agosto a S.D. Villestro organiza o I Memorial Suso Conde. Disputaranse 2 encontros, o primeiro deles enfrontrá ao equipo Feminino do Club coa S.D.C. Ordes. Como fiel defensor que foi Suso do fútbol feminino, dende a Directiva quíxose dar cabida a esta sección dentro do cartel do Memorial. O segundo encontro enfrontará ao equipo sénior masculino contra unha Selección de ex-xogadores do Club. Atendendo á petición de ex-xogadores de querer participar dalgunha maneira nunha homenaze ao Presidente, a S.D. Villestro decidiu darlle cabida a todas estas voces formando unha Selección de ex-xogadores que queren rendir homenaxe a Suso como a el mellor lle gustaba, vendoos xogar. Dende aquí animamos aos que desexen participar e formar parte deste combinado a que se poñan en contacto co Club. Xa pasou un ano e que longo se fixo todo Suso!!!. Vai por ti, pola túa memoria, polo teu sorriso, polo teu carácter, pola túa ilusión... Só desexamos que o goces como sempre o facías!! Nunca te esqueceremos Presidente!!

Descarga: I_Memorial_SC.jpg

Publicado: 2019-07-26 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

FERNANDO SEOANE ESTARÁ 4 SEMANAS DE BAIXA POR LESIÓN

O CD Lugo fixo público un comunicado no que anuncia que o centrocampista Fernando Seoane sufríu unha lesión de menisco durante o adestramento do martes que o mantenrá cando menos cuatro semanas apartado dos terreos de xogo. O parte médico facilitado polo club concreta que o xogador sufríu una torsión no seu xeonllo esquerdo que o obrigou a abandonar o adestramento. Fernando foi sometido este mércores a unha resonancia nuclear magnética na que se diagnosticou que sofre unha rotura na asa do cubo do menisco interno. MOITO ÁNIMO FERNANDO. Desexámosche unha pronta recuperación que que voltes pronto para o final da Liga. Orgullosos dos nosos!!

Descarga: FernandoSeoane.jpg

Publicado: 2019-04-13 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

HOMENAXE AO NOSO PRESIDENTE SUSO CONDE NA GALA DO DEPORTE DE COMPOSTELA

⭐ HOMENAXE SUSO CONDE ⭐ Na tarde noite do xoves 7 de marzo, no Auditorio de Galicia, tivo lugar a III Gala do Deporte de Santiago de Compostela no que se premiou aos representantes compostelanos máis destacados deste 2018. Para a SD Villestro foi un evento moi especial polo recoñecemento que se fixo, ao que foi e será por sempre o noso presidente, Jesús Conde Míguez, o cal recibiu unha Mención Especial polo seu labor, non só na SD Villestro, senón tamén no deporte compostelano. Nesta homenaxe a Suso Conde estiveron presentes varios membros da xunta directiva, que acompañaron neste evento tan emotivo aos seus 3 fillos: Yoli, Pepe e Marcos. Este último, tamén coordinador da SD Villestro, foi o encargado de recoller o Diploma coa Mención Especial. Ben seguro, Suso, que alá onde esteas sentiraste moi agradecido. Sen dúbida ningunha telo máis que merecido. Sentímonos orgullosos de ti, Suso ❤ Moitos parabéns!!!

Descarga: 1552032446-PepeYolyMarcos.jpg

Publicado: 2019-03-08 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

🏆 CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS SUB-12 🏆

O martes de antroido (5 de marzo) xogouse a Fase Final do Campionato Comarcal Galego Sub-12 de Seleccións, en Porriño. Dous dos nosos alevíns (Kike e Daniela) defendía a camiseta da seleccion santiaguesa. A Seleccion feminina, con Vicen de seleccionadora e Daniela, partían como unha das favoritas, pero perderon na semifinal fronte á Coruña cun gol no primeiro segundo de xogada inicial. Pese merecer algo máis, as santiaguesas non conseguiron acadar o empate. Saltaba a sorpresa! No partido polo 3º e 4º posto gañaron cun contundente 7-0 fronte ao Lugo. Grande campionato da selección feminina que, a pesar deste 3º posto, amosaron ter unha gran xeración de futbolistas realizando o mellor fútbol deste Campionato. Con respecto ao equipo masculino, do noso Alevín Kike, tiña máis difícil a clasificación para a final polo duro rival, Vigo. Tras perder 3-0 xogaron polo 3º e 4º posto fronte a outra gran selección como é a da Coruña rematando tamén con derrota. Grande actuación de Kike e Daniela que, ben seguro, aprenderon desta grande experiencia. Non nos cabe dúbida de que o pasaron en grande. Parabéns polo 3º e 4º posto 👏👏👏👏

Descarga: 1552032221-Daniela_Vicen_Kike_Sub12_04.jpg

Publicado: 2019-03-08 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

NOVAMENTE 5 XOGADORAS DA S.D. VILLESTRO COA SELECCIÓN FEMININA SUB-14

⚽ SELECCION SUB-14 FEMININA DE SANTIAGO ⚽ Unha vez máis, cinco das nosas xogadoras infantís, foron seleccionadas para outro adestramento da Selección Feminina Sub-14 de Santiago, que serve de preparación para o Campionato Comarcal que se disputará en Semana Santa. As convocadas son: ➡ Íria Otero Fuertes ➡ Laura Otero Fuertes ➡ Antía Ferro Núñez ➡ Judith Pazo Lago ➡ Lía Alvelo Mata O adestramento realizouse o mércores 13 de febreiro no campo da USC, coa ausencia, por lesión da nosa infantil Antía Ferro. Parabéns por esta nova convocatoria!!

Descarga: Judith_Antia_Laura_Iria_Lia_Sub-14_05.jpg

Publicado: 2019-02-17 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

5 XOGADORAS DA S.D. VILLESTRO COA SELECCIÓN FEMININA DE SANTIAGO SUB-14

⚽ SELECCIÓN SUB 14 FEMININA ⚽ Este mércores, a selección feminina sub-14 de Santiago realizou un adestramento de preparación para a Segunda Fase Previa do Campionato Comarcal. A SD Villestro foi o club que achegou máis representantes á nosa seleccion, con 5 xogadoras. Estas foron, de esquerda a dereita segundo a orde da imaxe: 📌 Judith Pazo Lago 📌 Antía Ferro Núñez 📌 Laura Otero Fuertes 📌 Iria Otero Fuertes 📌 Lía Alvelo Mata Moitos parabéns ás 5 e a seguir traballando así de ben!! 👏👏 Orgullosos das nosas!!!

Descarga: 1549058223-Judith_Antia_Laura_Iria_Lia_Sub-14.jpg

Publicado: 2019-02-01 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

DANIEL, KIKE E VICEN BRILLAN COA SELECCIÓN DE SANTIAGO SUB-12

🏆 SELECCIÓN SUB-12 SANTIAGO 🏆 O sábado 26 de xaneiro, as seleccións de Santiago sub-12 masculinas e femininas xogaron a Segunda Fase Previa do Campionato Comarcal en Sarria. A SD Villestro aparece representada por dous dos nosos alevíns: 📌 Enrique Souto Albert, "Kike" 📌 Daniela Rivas Pazos ➡ A selección feminina de Vicen Outeiro (adestradora do club) e Daniela, rematou estas dúas fases clasificándose, de maneira brillante, para a Fase Final, como primeiras de grupo tras gañar os seus catro partidos fronte as seleccións da Coruña, Ferrol, Ourense e Vigo. ➡ A selección masculina, do noso alevín Kike, tamén se clasificou para a Fase Final como segundos de grupo, tras realizar unha grandísima Fase logo de gañar a grandes seleccións como A Coruña, Ferrol, Costa da Morte e, finalmente, empatar fronte a Ourense. Noraboa a Vicen polo gran traballo que está a desenvolver coa Selección feminina Sub-12!!!. Moitos parabéns a Daniel e Kike, e a seguir así!! 👏👏👏

Descarga: Daniela_Vicen_Kike_Sub12_04.jpg

Publicado: 2019-01-27 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

DANIEL RIVAS E ENRIQUE SOUTO COA SELECCIÓN SUB-12

⚽ SELECCIÓN SANTIAGO SUB 12 ⚽ O mércores, ás 20:00h, no campo da USC (Campus Sur), a Selección Sub-12 masculina e feminina de Santiago tiveron o último adestramento (partidos amigables) antes da Segunda Fase Previa que se vai disputar o sábado 26 en Sarria. Dous dos nosos alevíns volven representar á Selección neste adestramento: ➡ Daniela Rivas Pazos ➡ Enrique Souto Albert Parabéns aos dous! Orgullosos dos nosos!!!

Descarga: daniela_enrique.jpg

Publicado: 2019-01-24 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

OS CRACKS DO VILLESTRO FRENTE A FRENTE

Este domingo volveron coincidir, no mesmo terreo de xogo pero desta volta como rivais, os 2 cracks da S.D. Villestro, Fernando Seoane (CD Lugo) e Álvaro Lemos (UD As Palmas), xusto uns días despois de mandarnos unha mensaxe para felicitar o Nadal a toda a familia do villestro. Ambos titulares indiscutibles nos seus respectivos equipos, e cunha actuación destacada, neste partido, de Álvaro Lemos con dúas asistencias. Parabéns aos dous! ORGULLOSOS DOS NOSOS!!!

Descarga: 1544531734-LEMOS_FERNANDO.jpeg

Publicado: 2018-12-11 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

DINAMICA DE GRUPO EQUIPO ALEVIN A

⚽️ DINÁMICA DE GRUPO ⚽️ O Alevín A da SD VILLESTRO, co seu adestrador José Ramón, participando nunha dinámica de grupo para reflexionar, debatir e compartir opinións sobre as implicacións do Traballo en Equipo. #ADESTRANDODENTROEFORADOCAMPO #NONTODOÉPELOTA Somos azúis, somos do Villestro!!

Descarga: dinamicas_de_grupo_alevinA_06.jpg

Publicado: 2018-12-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

CEA DE NADAL 2018

🥂 CEA NADAL 🥂 Coma todos os anos a familia do Villestro (xogadores, adestradores, familias, amigos...) faremos a cea de Nadal o venres 7 de decembro. Lembramos a todos que hoxe, venres, é o ultimo día para apuntarse, nas oficinas do club, de 19:00 a 21:00. Animámosvos a que veñades. Agardamos vervos a todos! Podedes descargar a folla de inscrición no seguinte enlace ou no apartado EVENTOS/PROXECTOS-CEA DE NADAL

Descarga: 1544479802-folla_inscricion_2018.jpg

Publicado: 2018-12-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LIDIA CONVOCADA COA SELECCIÓN GALEGA FEMININA

🏅 SELECCIÓN GALEGA FEMININA🏅 Este martes, 13 de novembro, a SELECCIÓN GALEGA sub-17 Feminina vai facer un adestramento en Boiro. A SD Villestro vai estar representada, unha vez máis, na selección, pola porteira e capitana, do noso equipo feminino, Lidia López Moitos parabéns, Lidia, por esta nova convocatoria 👏👏👏

Descarga: 1543164494-LidiaSeleccionGalega.jpg

Publicado: 2018-11-25 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

📌 BANCO DE ROUPA 📌

A SD Villestro informa que, desde hai tempo, temos aberto un banco de roupa e botas. Todos aqueles que queirades colaborar podedes deixar o material na oficina do club. De antemán, moitas grazas!

Descarga: bancoderoupa.jpg

Publicado: 2018-11-04 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

PROGRAMA DE PSICOLOXIA DEPORTIVA

Os días 22 e 29 de outubro continuamos con dous novos talleres dentro do Programa de Psicopedagoxía Deportiva da SDVillestro. Desta volta, a proposta e por solicitude dos asistentes ao primeiro taller. Tentarase reflexionar e sacar conclusións sobre a influencia do grupo de iguais e identificar variables que inciden no grao de presión deportiva. Somos azuis, somos do Villestro!.

Descarga: PROGRAMA_PSICOLOXIA_DEPORTIVA.jpg

Publicado: 2018-11-04 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

MISA SOLEMNE NA HONRA DO PRESIDENTE SUSO CONDE

A Xunta Directiva da Sociedade Deportiva Villestro informa que esta Entidade ofrecerá na honra do que foi, é, e será sempre o noso Presidente D. Jesús Conde Míguez unha misa solemne cantada na igrexa parroquial de Santa María de Villestro. O acto terá lugar o vindeiro VENRES 12 DE OUTUBRO DE 2018 (día do Pilar) ás 20:00 h. A Sociedade Deportiva Villestro convida a todos/as que o desexen e o sintan a asistencia ó acto, agradecendo de antemán a presenza. A DIRECTIVA

Descarga: COMUNICADO MISA.jpg

Publicado: 2018-10-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

RODRIGO SANTAMARIA BLANCO "RODRI" PASA ÁS FILAS DO R.C. DEPORTIVO DA CORU

Un ano máis o R.C. Deportivo volve fixarse nun xogador da SD Villestro. Queremos felicitar a RODRI que acaba de fichar polo equipo Benxamín B do Dépor para a tempada 2018-2019. Rodri é un xogador moi completo en todos os aspectos. Centrocampista con moita técnica, loita, traballo, e bo compañeiro!!. Se o calendario llo permite seguirá xogando a futbol sala na S.D. Villestro cos seus compañeiros esta tempada. Moitos PARABÉNS Rodri, e moita sorte nesta nova etapa que comezas! A seguir crecendo aprendendo! Esta será sempre a túa casa! Somos azuis..., Somos do Villestro!!

Descarga: Rodri_ao_Depor.jpg

Publicado: 2018-09-07 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

HUGO GARCÍA E IVÁN LÓPEZ CAMPIÓNS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO

⚽️ I TORNEO EIXO ATLÁNTICO ⚽️ Dous dos nosos xogadores infantís, HUGO GARCÍA e IVÁN LÓPEZ, foron convocados pola Selección de Santiago Infantil para xogar esta fin de semana, no Carballiño, o "Torneo Eixo Atlántico Fútbol Infantil" quedando CAMPIÓNS do Torneo. Moitos parabéns aos dous e á Selección!

Descarga: fc_infantil_1819_Hugo_Ivan.jpg

Publicado: 2018-09-07 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

COMUNICADO OFICIAL DO CLUB

Ante os infundados rumores que están comezando a saír á luz sobre o futuro da Sociedade Deportiva Villestro, a actual Xunta Directiva da Entidade informa a través do presente comunicado que a S.D. Villestro continuará con total normalidade coa actividade deportiva durante a presente tempada 2018-19 e durante moitas tempadas máis. Nos presentes días esta Xunta Directiva está centrada en regularizar a súa situación estrutural e social co obxectivo de iniciar a tempada con todo o organigrama directivo e deportivo definido e informado a nivel institucional. Nomeouse un novo Presidente que xa está a exercer como tal e incorporouse nova xente á Xunta Directiva que chega por vontade propia para aportar traballo e ideas en prol dun fin común como é o correcto funcionamento da Entidade. Proximamente serán presentados. A perda do Presidente Suso supuxo un serio revés na vida diaria desta Entidade pero os membros que nela permanecemos tentaremos seguir adiante con todo o esforzo, responsabilidade e ilusión que el mesmo nos inculcou. É imposible cubrir o oco que nos deixou porque é inmenso pero desde esta Xunta Directiva tentaremos facer as cousas da mellor maneira posible para que todos en xeral e el en particular se sinta orgulloso de todos nós, se sinta orgulloso do Villestro. A Sociedade Deportiva Villestro vai seguir adiante esta tempada, a que ven e nos vindeiros anos. Esta Xunta Directiva traballará para que o Club goce da estabilidade que sempre tivo, sen saír da idea inicial da súa fundación como a base de toda esta estrutura, que Villestro teña unha entidade e un lugar na que os mozos e mozas poidan practicar o deporte que máis lles gusta e cos mellores medios ó seu alcance. Así foi como se xestou o Club no 1983 e así seguirá sendo nos vindeiros anos. Foron moitas as persoas que nestes días ofreceron o seu apoio e axuda ao Club unicamente co fin de que a S.D. Villestro non desaparecera. Dende aquí agradecemos a todos e todas os seus xestos e abrímoslles as portas da Entidade para que poidan entrar nesta pequena familia que é a do Villestro. De seguro que non se arrepentirán. Cantos máis sexamos máis levadeiro será o traballo entre todos e máis gozaremos. Animamos principalmente ás mulleres a que entren a formar parte do Club. A figura da muller sempre foi relevante na evolución da sociedade e na actual non pode pasar desapercibida, polo que tamén as animamos a que formen parte deste proxecto. Unha das mellores maneiras de demostrar que o fútbol non só e cousa de homes e facilitando ás mulleres que poidan acceder a él en calquera das súas facetas, deportivas ou directivas. Agardámosvos cos brazos abertos Os nosos rapaces e rapazas sairán a adestrar, a xogar, a competir como todos os anos. Dende a Xunta Directiva traballaremos arreo para que así sexa hoxe e sempre.

Descarga: 1534596688-COMUNICADO OFICIAL.pdf

Publicado: 2018-08-18 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

_ X MEMORIAL SERGIO LEMOS

Este mércoress 15 de agosto celebrarase no campo de fútbol da Barrosa o X Memorial Sergio Lemos. Nesta esta edición o equipo convidado será a Bastavales U.D., que milita na 1ª Galicia e que a tempada pasada gañou a pulso o nomeamento de "equipo revelación". O encontro servirá como presentación ante a afección do equipo sénior masculino da S.D. Villestro. A entrada será de valde!!! Agradámosvos a todos/as neste día tan sinalado para a S.D. Villestro. VAI POR TI SERGIO. LEMBRÁMOSTE, QUERÉMOSTE, AÑORÁMOSTE... SEMPRE ESTÁS NOS NOSOS CORAZÓNS!!!. A partires desta edición xa nos estarás só Sergio, terás ao teu carón a mellor das compañas para poder gozar da túa homenaxe, agora xa tes a túa beira ao Presidente Suso, a persoa que máis traballou para que ninguén se esquecera de ti durante estes 10 anos. Coida del do mesmo xeito que el sempre te coidou e se lembrou ti. Sabemos que ningún dos dous fallaredes a esta cita, agardamos que tamén gocedes dela!!! 10 anos despois, segues na nosa memoria..., segues nos nosos corazóns!!! QUERÉMOSTE SERGIO!!!

Descarga: X_Memorial_SL.jpg

Publicado: 2018-08-12 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

GRAZAS!!!

Recibida a cristiá sepultura do noso Presidente D. Jesús Conde Míguez, "SUSO CONDE", a S.D. Villlestro quere agradecer a todos e todas as innumerabeis mostras de cariño, afecto e ánimo recibidas durante estes días tan duros. Grazas a todos os Clubs, institucións deportivas e administracións públicas e colectivos sociais polas mensaxes de apoio, tamén aos veciños/as, xogadores/as e ex-xogadores/as, adestradores/as por estár ó noso carón. Foron centos as mensaxes as que se recibiron a través das redes sociais por público e por privado, por teléfono, en persoa. Non queremos deixar a ninguén fora deste agradecemento polo que non imos dar nomes. A TODOS E TODAS, MOITAS GRAZAS!!! Sabiamos a importancia que tiña para nós Suso Conde, pero os centos de mensaxes de animo e apoio recibidas estes días así como as mostras de dor das mesmas non fan máis que engrandecer a súa figura. EN NOME DA XUNTA DIRECTIVA DA S.D. VILLESTRO, ETERNAMENTE AGRADECIDOS!!!!

Descarga: crespon_negro.jpg

Publicado: 2018-08-05 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

SUSO CONDE, UN LEGADO IMBORRABLE

Hoxe sábado 4 de agosto terá lugar o funeral e posterior sepultura do noso Presidente Suso Conde. Vaise en corpo, pero a súa ánima e o seu legado quedará con nós para sempre. Vaise un home de ben, dialogante, cariñoso, emprendedor, próximo. Vaise un home adiantado ó seu tempo, un precursor, un activista deportivo, social e cultural que antepuxo durante toda a súa vida o ben xeral e colectivo ó seu interese persoal. Amante do deporte, da natureza, dos animais, da xuventude e da cultura, a súa vida persoal e familiar transcorreu entre todos estres valores. Como amante do deporte e da mocidade loitou sen parar até conseguir que a parroquia de Villestro tivera un club de fútbol para que os mozos dela puideran xogar a este deporte sen ter que sair dela. Socio fundador da S.D. Villestro entraría como Secretario no ano 1983 e entraríase a competición con un equipo sénior. Esa primeira experiencia non sairía ben e ós tres anos o Club desapareceu pero el sabía que se podía saír adiante, que as cousas se fixeran mal dende un principio. Él loitou para crear un Club para que xogaran os rapaces, non só os maiores, esa era a fórmula secreta!!, traballar dende a base cos máis pequenos. Foi un adiantado ó seu tempo, un precursor do deporte de base apostando firmemente por el cando os demais só crían e querían equipos sénior.Tres anos despois da desaparición collería de novo as rendas da S.D. Villestro, pero desta vez como Presidente, para traballar dende a base, cos máis pequenos sabendo que ese era o futuro e o presente, a solución para o mantemento do Club. O tempo deulle a razón a S.D. Villestro pasou de 4 equipos no ano 90 a 35 no 2018 e o recoñecemento de todo o fútbol galego na última Gala do Fútbol. Pero tamén sería un precursor no deporte de xénero, un adiantado ó seu tempo no mundo do fútbol porque sempre tivo a teima de abrir o fútbol ás mulleres e non pararía até logralo. Apostou firmemente polo fútbol feminino cando todos lle dicían o contrario, e o tempo deulle de novo a razón, conseguindo crear un equipo feminino que chegou a participar na 2ª División Nacional, e remantando o ano 2018 con 2 de fútbol sala e un de fútbol campo. Como amante da cultura e tamén da mocidade, sempre tivo a ilusión de que Villestro tivera unha Romaría con moita sona á que todos puideran acudir. Sabía que el só non podería facelo así que logrou unir para o mesmo fin a todas as entidades asociativas e culturais da parroquia e crear a Romaría do Deporte. De novo, outro logro importante dentro da parroquia xa que ana a ano foise convertendo no evento máis agradado, confraternizando nunha gran xornada centos de persoas de todas as idades. Como amante dos animais, Suso formou tamén parte activa da Sociedade de Caza Paraveche, ocupando tamén postos de dirección. Era moi normal ir ás oficinas do Club e ver mesturados papeis do fútbol cos da caza. Dende ela loitou polo repoboamento cinexético de Villestro e Figueiras e pola caza controlada de especies. Do mesmo xeito, e como amante da natureza, dende a posición que tiña na sociedade de caza para que fosen os propios cazadores os que loitasen e axudades no coidado e limpeza do monte para mellorar o repoboamento e evitar os incendios forestais. Suso foi unha persoa de ben que sempre mirou polos intereses da parroquia de forma desinteresada, apoiándose moitas veces nos cargos que ostentaba no deporte e na caza para poder chegar a uns ou outros e conseguir melloras. Conseguiu realizar case todos os soños que se propuña. Todos en beneficio da parroquia de Villestro e do seu Club. Só quedou un no tinteiro que o tempo non lle deu máis marxe para realizar. Quería escribir un libro!!. Consciente do cambio económico e social que experimentou a parroquia de Villestro nos últimos anos, agora tiña a teima de escribir un libro destinado a eses novos veciños que veñen a vivir a Villestro para que coñeceran a parroquia. Quería amosarlles porque as cousas en Villestro están así, porque hai un campo de fútbol novo, porque se ampliou o centro educativo, porque hai alumeado, alcantarillado e auga, porque hai unha Romaría. Quería ensinarlles e dicirlles a través de documentos e imaxes que detrás de todo iso houbo moita loita social, moitas horas de despachos, queixas e protestas de xente da parroquia. Quería facelo antes de que os vellos do lugar foran falecendo, sabendo que eles son a historia viva de Villestro e as súas testemuñas son valiosas. Mesmo tiña escollidas as persoas que lle podían axudar neste singradura. Pero non puido ser..., non tivo tempo. De seguro que alguén tomará ese desexo Marcha o teu corpo Suso e deixas un oco moi difícil de cubrir, pero o teu legado permanecerá para sempre!! Grazas por todo AMIGO!!

Descarga: cp41f08971931_853305_manual.jpg

Publicado: 2018-08-04 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

PUNTEIROLO

Deixamosvos esta edición do PUNTEIROLO. Unha vella inquedanza que se tiña dende o Club de recuoperar unha publicación que no seu momento foi moi ben recibida por parte de todos os estamentos da Entidade. Aínda que inicialmente era de carácter mensual, a situación actual do Club coin tantos equipos fai case imposible realizar o seguimento de todos mes a mes, polo que pasa a ser un boletín de carácter anual no que se fai un resumo do que foi toda a tempada en todos os equipos. Agardamos vos guste e sirva como recordo do que foi a campaña deportiva 2017-18. Somos azuis..., Somos do Villestro

Descarga: 1531380569-PUNTEIROLO.pdf

Publicado: 2018-07-12 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

XA SOMOS UN CLUB REFERENTE NO FÚTBOL BASE E GALICIA

Onte, 29 de xuño, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, tivo lugar a Gala do Fútbol Galego 2018, organizada de forma conxunta, por primeira vez, pola Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol. Nesta Gala recolleron a Copa os respectivos campións galegos de todas as categorías, recoñecéronse aos mellores da tempada que acaba de rematar, subiron ao escenario os xogadores/as que representaron á Selección Galega nas súas respectivas categorías na que tivemos representación do Villestro coa presenza de Lidia López, capitana e porteira do equipo feminino e, ademais, premiouse o traballo a prol do deporte galego de varias institucións e persoas. Esta festa do fútbol galego foi especialmente importante para a SD VILLESTRO posto que tivemos a gran honra de recibir unha MENCIÓN polo bo traballo realizado cos nosos equipos de FÚTBOL BASE, sen dúbida un dos recoñecementos máis importantes que se lle pode conceder a un Club, como é o feito de valorar o traballo e esforzo que se está a facer coa nenos e nenas. Pasamos un momento emotivo e fermoso cando, Marcos Conde, Coordinador Xeral do club, en nome do presidente Suso Conde, e acompañado dunha gran representación dos nosos adestradores e xogadores de fútbol base subiron ao escenario para recibir o aplauso e recoñecemento de todo o fútbol galego alí presente. Moitos PARABÉNS á directiva e a todos os adestradores que, ao longo destes anos, fixeron posible (e ben seguro o seguirán a facer) este recoñecemento a nivel galego. Sen esquecernos do valor máis importante do club, os nosos xogadores que, sen eles, nada tería sentido. Especialmente queremos DEDICAR esta Mención ó noso Presidente, SUSO CONDE, que onte por motivo personais non puido asitir á Gala pero que en todo momento estivo informado e ao tanto do que ali ía acontecendo. A el queremoslle dedicar dende o máis profundo do noso corazón este premio que, dende o momento en que foi comunicado, lle fixo especial ilusión. Unha destinción especial a 35 anos de traxectoria ininterrumpida, con momentos moi duros e outros máis pracenteiros, coa única idea desde o primeiro momento de que os rapaces/zas de Villestro puideran practicar deporte. Pasaron moitos anos, moitos contratempos, e houbo que loitar contra as adversidades para demostrar que o deporte é útil, é sano e que os nenos/as teñen que ter un espazo "decente" e con medios para practicalo. Agora o tempo deulle a razón. Parabéns Presi!!! O premio é para todos/as pero, para ti, máis que ninguén!!!! GRAZAS tamén a todos os familiares e amigos que nos acompañastes neste momento tan importante para nós.

Descarga: MECION_CLUB_REFERENTE_FUTBOL_BASE.jpg

Publicado: 2018-06-30 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

A S.D. VILLESTRO, CLUB REFERENTE NO FÚTBOL BASE E GALICIA

O pasado xoves 21 de xuño a S.D. Villestro recibiu un comunicado por parte da Real Federación Galega de Fútbol no que lle concede o distinción de CLUB REFERENTE NO FÚTBOL BASE DE GALICIA, polo traballo de promoción do fútbol base levado a cabo na Delegación de Santiago e que nos permite ser unha referencia en toda a comunidade galega. Esta distinción será entregada polo Presidente da Real Federación Galega de Fútbol, D. Rafael Louzán Abal, o vindeiro venres 30 de xuño na Gala do Fútbol Galego que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Dende a Sociedade Deportiva Villestro queremos agradecer á Real Federación Galega de Fútbol e a súa Delegación de Santiago este recoñecemento. Todo un eloxio para un Club como o noso que traballa dende a humildade e a ilusión. Xunto a nós tamén serán recoñecidos polo mesmo traballo o Ural C.F. (Delegación da Coruña), a S.D. O Val (Delegación de Ferrol), S.D.C. Residencia (Delegación de Lugo), E.D. Os Miudos (Delegación da Costa), Alondras C.F. (Delegación de Pontevedra), E.D.C. Verín (Delegación de Ourense) e U.D. Santa Mariña (Delegación de Vigo). A todos eles, NORABOA por este recoñecemento tan merecido!!! Dende a S.D. Villestro sentímonos moi emocionados por un recoñecemento que nos dá forza e máis ilusión en seguir a traballar na mesma dirección, e que nos equipara con Clubs de maior nivel e importancia. O mérito non é da S.D. Villestro. O mérito desta distinción é de todos/as e cada un dos/as xogadores/as e adestradores/as que durante estes 35 anos formaron parte desta Entidade. Noraboa a todos !!! Somos azuis..., Somos do Villestro!!

Descarga: GalaDeporteGalego2018.jpg

Publicado: 2018-06-27 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ÁLVARO LEMOS PRESENTADO COA U.D. LAS PALMAS

O xoves 21 de xuño a U.D. Las Palmas presentaba de forma oficial a súa nova fichaxe para as 3 vindeira tempadas, Álvaro Lemos. Na súa presentación Álvaro amosouse satisfeito por asina pola U.D. Las Palmas tanto pola grandeza do Club como polo nivel dos xogadores que ten. Na mesma deixou entrever as súas gañas por comezar o traballo no seu novo Club para devolvelo de novo á 1ª División onde, segundo as súas palabras, é a categoría na que merece estar e na que lle gustaría xogar. ...que así sexa!!! Moita sorte Álvaro!! ORGULLOSOS DOS NOSOS!!

Descarga: 1529684455-AlvaroLemos.jpeg

Publicado: 2018-06-22 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ÁLVARO LEMOS FICHA POLA U.D. LAS PALMAS

Gran noticia a recibida no día de hoxe, mércores 20 de xuño, coa fichaxe do noso amigo, veciño e xogador, ÁLVARO LEMOS pola U.D. Las Palmas para as próximas 3 tempadas. Álvaro Lemos comezaría a súa andaina futbolística na S.D. Villestro, alá pola tempada 1997-98 co pouco máis de 4 aniños. Naquel momento a categoría Biberón non existía e Álvaro competía cos Prebenxamíns de fútbol sala contra rapaces 2 e 3 anos maiores que el. A pesares da súa idade e estatura, destacaba por riba de todos e xa se lle vían maneiras... como así foi. Alegrámonos da súa evolución e que recaera nun Club coa soleira e historia da U.D. Las Palmas. Moita Sorte Álvaro, a traballar duro. ORGULLOSOS DOS NOSOS!!!

Descarga: ALVARO_LEMOS_LAS_PALMAS.bmp

Publicado: 2018-06-20 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ALVARO LEMOS DEBUTA CO C.D. LUGO NA 2ª DIVISIÓN

Gran nova no día de hoxe para toda a familia do Villestro co debút de Álvaro Lemos co C.D. Lugo no campo de fútbol da Romareda ante un histórico do fútbol español como é o Real Zaragoza. Álvaro partíu de titular e foi substituido no minuto 70 por Iriome. Durante ese tempo compartiu minutos tamén con outro canteirán da S.D. Villestro, Fernando Seoane (que aparece na imaxe axunta en última instancia). Noraboa polo debút Álvaro!!! Continua a traballar duro e a seguir os pasos de Fernando!!!! Orgullosos dos nosos!!!

Descarga: AlvaroLemos_debut.jpeg

Publicado: 2018-02-11 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LIDIA REPITE CONVOCATORIA COA SELECCIÓN GALEGA SUB-16

A porteira do equipo feminino da S.D. Villestro, Lidia López (na imaxe que se axunta é a primeira por abaixo á esquerda sentada), repite de novo convocatoria coa Selección Galega Sub-16 para disputar nas Illes Balears a 2ª Fase do Campionato de España. Galicia debuta este venres contra a selección anfitriona e o sábado o rival será Extremadura. Moita sorte Lidia!!!. Goza desta fermosa experiencia!!! SDVillestro

Descarga: LidiaSeleccionGalega.jpg

Publicado: 2018-02-10 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ALVARO LEMOS FICHA POLO C.D. LUGO ATE FINAL DE TEMPADA

Álvaro Lemos deixa o R.C. Lens para fichar polo Lugo ate final de tempada. A pesares de que no verán do 2017 saiu coa mochila chea de ilusión destino Francia para asinar, en calidade de cedido, polo Racing Club Lens, un histórico do fútbol francés e europeo en horas baixas (milita na 2ª División francesa), a experiencia non saiu como todos agardábamos. O equipo francés sumiuse nos postos de descenso e Álvaro gozaba cada vez de menos minutos de xogo. O troco de adestrador empeorou as cousas, pasando a estar relegado a un segundo plano dentro do equipo. O mercado invernal fixo que se abriran as posibilidades de voltar a España, recaendo de novo no C.D. Lugo, Club no que xa militou na tempada 2015-16 realizando unha gran segunda volta xogando nun posto nada habitual para el (lateral dereito), o que o levou a acabar nese verán nas filas do R.C. Celta para a tempada seguinte, Club este último ó que aínda pertence e que cede ata o verán do 2018 ó Club da Muralla. Con Lemos volven a ser 2 os xogadores do C.D. Lugo que comezaron a súa andaina futbolísticica na S.D. Villestro e que gozan e viven do fútbol profesional do equipo lugués: o capitán FERNANDO SEOANE, e agora ÁLVARO LEMOS. Tampouco queremos esquecernos de Damián Noya Tojo, quen tamén militou nas categorías inferiores da S.D. Villestro e arestora forma parte do equipo Cadete de División de Honra do C.D. Lugo. Noraboa polo retorno Álvaro!!!! Benvido de novo a túa casa!!! Agardamos que poidas demostrar todo fútbol que levas dentro!!!! Capitán,...!!!, arroupoao como ti sabes e dalle caña!!! SORTE ÁLVARO!!! SDVillestro

Descarga: LEMOS.jpg

Publicado: 2018-01-08 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

LIDIA CONVOCADA COA SELECCIÓN GALEGA SUB-16

A xogadora do equipo sénior feminino, Lidia López, foi convocada coa selección Galega sub-16 para disputar a Fase Previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputado a fin de semana do 15 ao 17 de decembro en Valencia, acadando a victoria por 0-1 ante o combinado de Euskadi, e empatando 1-1 ante a anfitrioa, a selección de Valencia, o que lles outorgou a segunda posición do Grupo e a clasificación para a 2ª Fase. Neste senso, a Selección Galega quedou encadrada no Grupo E, e viaxará no mes de febreiro até as Illas Baleares para enfrontarse á selección anfitrioa (Baleares) e á de Estrremadura. Agardamos que Lidia poida volver entrar na convocatoria. Parabéns Lidia!!!

Descarga: GaliciaS16 feminino.jpg

Publicado: 2017-12-26 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

COMINICADO CONTRA VIOLENCIA DE XENERO

Dende a S.D. Villestro sumámonos ó día internacional contra a violencia de xénero amosando a nosa repulsa contra o maltrato á calquera tipo de persoa en xeral e moi en particular contra as mulleres. O maltrato familiar, social e laboral que sofren as mulleres no século XXI resulta inadmisible!!! É necesario unha revisión do Codigo Penal para endurecer as penas ós maltratadores. Non serve con unha simple orde de alexamento que se saltan ó seu antollo. E sobre todo, é necesario unha maior educación tanta nas aulas dos nosos fillos como no resto da sociedade adulta. España en xeral e Galicia en particular seguen a ser unha sociedade tremendamente machista, aínda que digan e pensen que non, e urxe cambiar esa mentalidade dende a formación, a información e a concienciación. Para que no futuro máis próximo este día non se celebre unha vez ó ano senón todos os días do año!!! VIOLENCIA MACHISTA NUNCA MÁIS!!!!!

Descarga: CONTRA_VIOLENCIA.jpg

Publicado: 2017-11-25 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

FERNANDO SEOANE RENOVA CO C.D. LUGO ATA O 2020

Fernando Seoane vestirá a camisola do C.D. Lugo outras tres tempadas máis despois de que o Club comunicara a sua renovación ata o 2020. O mediocentro defensivo, que iniciou a súa andain a futbolística nas categoría inferiores da S.D. Villestro, leva no Lugo dende o ano 2012, Club no que tamén militara na campaña 2009-2010. O agora capitán do C.D. Lugo é un dos titulares indiscutibeis para calquera dos adestradores que pasou pola entidade luguesa, que non perderon a oportunidade de renovarlle. Fernando é un deses xogadores que presenta por bandeira a humildade, o esforzo, o compormiso e o traballo. Sempre orgulloso dos seus, de onde procede, e das súas raices. Sen dúbida, un exemplo a seguir polos máis pequenos!!. Noraboa Fernando por esta renovación máis que mericida!!!

Descarga: FERNANDO_SEOANE.jpg

Publicado: 2017-11-12 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

RODRIGO IGLESIAS CONVOCADO COA SELECCIÓN GALEGA AMATEUR

O porteiro da S.D. Negreira Rodrigo Iglesias Mosquera, "RODRI", é convocado pola Selección Galega Amateur (Regiones UEFA) para á primeira fase da competición oficial que se vai a disputar do 8 ó 10 de decembro en Xixón. Rodri comezou a súa etapa futbolística nas categorías inferiores da S.D. Villestro ata recalar na base do R.C. Deportiva da Coruña onde continuaría a súa formación. Na tempada 2015-16 lograría o ascenso a 2ª División B co C.D. Boiro, Club co que faría o debut na categoría de bronce do fútbol español na tempada 2016-17. Na presente tempada milita na 3ª División coa S.D. Negreira. Noraboa Rodri!!! Goza coa experiencia e a seguir aprendendo!!

Descarga: SeleccionGalegaUEFA.jpg

Publicado: 2017-11-12 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

IX MEMORIAL SERGIO LEMOS

Este martes 15 de agosto celebrarase no campo de fútbol da Barrosa o IX Memorial Sergio Lemos. Para esta edición, o equipo convidado será o Xuvenil de Liga Nacional da S.D. Compostela. O encontro servirá como presentación ante a afección do equipo sénior masculino da S.D. Villestro. A entrada será de valde!!! Agradámosvos a todos/as neste día tan sinalado para a S.D. Villestro. VAI POR TI SERGIO. LEMBRÁMOSTE, QUERÉMOSTE, AÑORÁMOSTE... SEMPRE ESTÁS NOS NOSOS CORAZÓNS!!!! Sabemos que non fallarás na túa cita, agardamos que tamén a goces!!!

Descarga: 1502172769-memorialSLIX.jpg

Publicado: 2017-08-08 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ALVARO LEMOS Ó R.C. LENS

Alvaro Lemos formará parte para a tempada 2017-18 do equipo francés do R.C. Lens. Despois dun ano no R.C. Celta de Vigo no que apenas dispuxo de minutos, o cadro vigués acordou a súa cesión por un ano ó equipo francés para que poida dispor de partidos. O R.C. Lens, un dos clubes históricos de Francia, milita na 2ª División, quedando ás portas do ascenso na tempada 2016-17. Para o vindeiro curso este será o seu grande obxectivo, volver á 1ª División, querendo contar co reforzo de Álvaro Lemos para conquerir este. Moita sorte Álvaro, que os teus desexos se convirtan nas nosas alegrías!!! SDVillestro

Descarga: alvaro.jpg

Publicado: 2017-07-19 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

HUGO E UXÍO AO DEPOR

Rematada a tempada a familia da S.D. Villestro recibíu con sartisfacción a grata nova do interese do R.C. Deportivo da Coruña polos nosos xogadores Uxío e Hugo, para entrar a formar parte do club herculino para a vindeira tempada. Dende a S.D. Villestro queremos felicitar a estes dous rapaces polo esforzo, traballo e compromiso amosado nos seus equipos. Desexarlle o maior dos éxitos e sobre todo, que sigan gozando co deporte que máis lles gusta. Que aproveiten a experiencia lles vai aportar esta nova andaina e que sigan sendo eles mesmos!!!. Noraboa e moita sorte. SDVillestro

Descarga: hugo_uxio.jpg

Publicado: 2017-07-19 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

DAVID IGLESIAS, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA

O pasado 9 de abril o noso xogador Benxamín DAVID IGLESIAS ANTELO proclamouse CAMPIÓN DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA COA SELECCIÓN GALEGA BENXAMÍN no Campionato Nacional de Seleccións Autonomicas celebrado na localidade castelán-leonesa de Medina del Campo (Valladolid), derrotando na final á Selección de Andalucía por 4 goles a 3. A S.D. Villestro quere amosar a súa ledicia e felicita de forma xeral ás Seleccións Galegas polos seus éxitos, acadando 2 campionatos (Benxamín e Infantil) e 2 subcampionatos (Alevín e Cadete), e moi particularmente ó noso xogador David Iglesias Antelo pola súa participación, a boa aportación que fixo ó colectivo e polo éxito acadado. Noraboa campión e a seguir medrando!!

Descarga: selecciongalegadavid.jpg

Publicado: 2017-04-20 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

ALVARO LEMOS DEBUTA NA 1ª DIVISIÓN CO R.C. CELTA CON UN GOL

Novo día de ledicia para a familia da S.D. Villestro. Despois do debut de Rodri na 2ª División "B" co C.D. Boiro, onte foi a quenda para Álvaro Lemos, quen se estreaba na 1ª División do fútbol español co R.C. Celta de Vigo, e que mellor maneira de facelo que marcondo o seu primeiro gol na Liga, axudando desta maneira á victoria celeste en Butarque ante o Leganés. O sábado 28 de xaneiro pasa a formar parte da historia do Club como o debut dun xogador da casa en 1ª División, se ben Álvaro xa gozou de minutos na Europa League e na Copa do Rei. Álvaro Lemos, veciño da nosa parroquia, comezou a súa andaina futbolística na S.D. Villestro con pouco máis de 3 aniños. Xa dende os primeiros compases futbolísticos comezaba a destacar moi por riba dos seus compañeiros, mesmo cando participaba en categorías moi superiores á súa. Permanecería no Club ata a idade alevín, pasando dende entón a formar parte da base do R.C. Deportivo da Coruña onde continuaría a súa etapa de formación. Debutaría na tempada 2012-13 co R.C. Deportivo da Coruña "B" (Fabril) na 3ª División, campaña na que disputaría a Fase de Ascenso a 2ª División "B" quedando eliminado no último encontro. Con todas as miradas e espectativas do deportivismo postas nel, na tempada 2012-13 pasa a formar parte do primeiro equipo da man de Fernando Vázquez, mais unha máis que inoportuna á par que grave lesión no seonllo en plena pretempada votou por terra toda esa ilusión. A recuperación sería lenta e prolongada, voltando ás filas do R.C. Deportivo "B" case ó remate da tempada para rematar o proceso de recuperación e ir collendo forma. Na tempada 2014-15 pasa a enfrosar as filas da S.D. Compostela, osnde as secuelas da lesión da tempada anterior impedironlle ter continuidade na primeira volta. Xa recuperado de todo na 2ª volta erixiuse como un dos homes máis importantes do Compos na súa dianteira, estando a piques de entrar nos postos que daban á promoción de Ascenso a 2ª División. Na tempada 2015-16 ficha polo C.D. Lugo onde non contaría con moitos minutos de partida, pero as baixas que acarreaba o equipo na metade da competición fixo que tivera que reconvertir a súa posición e amoldarse ó posto de lateral. O seu rendemento sorprendeu a propios e extranos facéndose co posto de titular da banda dereita do equipo lugués até final da tempada. As súas actuacións non pasaros desapercibidas para os equipos de 1ª División, pasando ás filas do R.C. Celta na tempada 2016-17. O 15 de setembro de 2016 Álvaro debutaría na UEFA Europa League ante o Standart de Lieja. O 12 de xaneiro de 2017 disputaría o seu primeiro encontro da Copa do Rei ante o Valencia en Balaidos. E o sábado 28 faria o seu debut ligueiro en Butarque ante o Leganés, marcando o primeiro gol do encontro no minuto 31. NORABOA ÁLVARO!!!, estamos felices, emocionados e ledos!!!! Sigue traballando con humildade, discreción e esforzo, calidades que sempre, dende moi pequeniño, definiron a túa personalidade!!!! A seguir así... Sabemos como eres, do que eres capaz, e ata onde podes chegar..., e tamén samebos que o vas a lograr!!!! PARABÉNS!!

Descarga: 1485711075-Lemos2.jpg

Publicado: 2017-01-29 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

BANCO SOLIDARIO DE ROUPA E CALZADO DA S.D. VILLESTRO

A.S.D. Villestro da comezo a un novo proxeto dentro das actividades que desenvolve o Club, o "BANCO SOLIDARIO DE ROUPA E BOTAS". Se tedes roupa do Club do voso fillo/a xa lle queda pequena, está en bo estado, non sabedes que facer con ela, e desexades que se poida seguir apriveitando, podedes entregala ó Banco de Roupa e Calzado do Club, que a destinará a axudar a aquelas familias con poucos recursos que teñen os seus fillos na S.D. Villestro. De forma paralela, toda aquela roupa que os rapaces vaian esquecendo nos adestramentos e que nin eles nin os seus pais/nais a reclamen, permanecerá gardada nun espazo individualizado e ó remate da tempada todo o que non se reclamou pasará a formar parte do Banco de Roupa e Calzado do Club. O Club dispón dun espacio habilitado para a recollida de roupa e botas de fútbol donados polos pais e nais. Esta será lavada novamente e ordenada por talla e modelo para a súa correcta e sinxela doazón. O Banco de Roupa e Botas da S.D. Villestro irá dirixido principal e prioritariamente a axudar as familias con dificultades económicas dos nenos/as que militen no Club. Por iso, se estades con problemas económicos e non vos podesdes permitir a adquisición do material do Club, pasade polo Banco de Roupa e Botas e seguide aproveitando a roupa do Club. So de forma excepcional, se entregará material do Banco a aqueles rapaces/zas que o día de adestramento se esqueceran dalgunha prenda ou calzado na súa casa. Excepcionalmente faráselles entrega do material que necesiten para adestrar e ó remate recollerase de novo todo material para lavalo e volver a por no Banco para vosa disposición. AGARDÁMOS A VOSA COLABORACIÓN!!!.

Descarga: BANCO DE ROUPA.pdf

Publicado: 2017-01-29 visto: 1 veces

Categoria: Xeral

RODRI FAI O SEU DEBUT NA 2ª DIVISIÓN B CO C.D. BOIRO

O domingo 15 de xaneiro do 2016 foi un día de especial ledicia para a familia da S.D. Villestro polo debut de Rodrigo Iglesias Mosquera "RODRI" na 2ª División "B" co C.D. Boiro. Rodri comezou a súa andaina futbolística na S.D. Villestro. En idade alevín pasaría a formar parte da base do R.C. Deportivo onde continuaría a súa etapa de formaciín ata acadar a categoría sénior, debutándo en 3ª División co R.C. Deportivo da Coruña "B". Logo recalaría no Boiro, medita tempada no Ribadumia para volver ás filas do C.D. Boiro co que acadaría o título de Liga de 3ª División e o histórico ascenso a 2ª División "B" para o equipo do Barbanza. Este domingo 15 de xaneiro de 2017 debutou, tendo que substituir ó porteiro titular por unha lesión, e a súa actuación foi determinante nos minutos finais do encontro, axundando a conseguir a victoria para os seus. Parabéns Rodri!!! A seguir así!!! Sabemos ata onde podes chegar..., e sabemos que o vas conseguir...!!! Sorte!!!

Descarga: RODRI.jpg

Publicado: 2017-01-19 visto: 1 veces

Sociedade Deportiva Villestro

  • Dirección: Rúa Tras Igrexa nº18
    Santiago de Compostela 15896
  • E-mail: sdvillestro@yahoo.es E-mail: sdvillestro@sdvillestro.com
  • Website: www.sdvillestro.com
  • Móvil: 696173726
  • Fax: 981537818 (CSC Villestro)

Colaboradores

Patrocinadores