S.D. Villestro. A orixe

A historia da S.D. Villestro

A PRIMEIRA ETAPA DA S.D. VILLESTRO

A comezos da década de 1980 o fútbol na parroquia de Villestro era practicado polos de sempre, por aqueles mozos dos 70 que agora xa non o eran tanto, e que conformaron peñas de amigos coas seguían gozando deste deporte. Os rapaces da parroquia tiñan que irse a outros clubs dos arredores cunha base sólida e neles participaban en competicións federadas

Os máis veteranos negaban a resignarse a que todo o esforzó e ilusión que eles puxeran en anos anteriores se perdera, polo que a idea de crear un club de fútbol oficial íase facendo cada vez máis forte.

Sería un 25 de marzo do ano 1983 cando boa parte dos integrantes da Peña O Desvío, reunidos en Roxos no bar do mesmo nome, decidiron ir adiante coa idea e fundar un equipo de fútbol na parroquia. Embargados pola emoción do momento, ese mesmo día decidiron levantar acta do alí acordado, constituir a Xunta Directiva e comezar os trámites necesarios para dar a entidade de alta de forma oficial.

acta

Deste xeito decidiuse formar a primeira Directiva do club que estivo composta da seguinte maneira:

PRESIDENTE: D. Enrique Barros García

VICEPRESIDENTE: D. Francisco González Rey

SECRETARIO: D. José Capeáns Ortoño

TESOUREIRO: D. Jesús Conde Míguez

VOGAIS: D. Prudencio Javier Sánchez Pereira, D. Francisco Acuña García, D. Jaime Castiñeiras Sánchez, D. Ramón Otero Pardo, D. Manuel Mato Señarís, D. Manuel Pérez Fernández, D. Juán Pazos Rial, D.José Manuel Conde Míguez

 

Unha vez dado o paso adiante, veu o momento do deseño do escudo que despois de varias propostas declináronse pola máis sinxela, un triángulo invertido de cor azul cunha franxa branca vertical que remata en forma de punta no centro no que apareza o nome da parroquia en cor azul. Na parte superior do triángulo un rectángulo branco adaptado á fórma do triángulo nos vértices coas letras S.D. no centro do mesmo en cor azul. Na parte superior do triángulo aparece a figura dun xogador golpeando un balón

escudo

 

Os primeiros pasos estaban dados e comezaba o momento de porse mans á obra. A Directiva fundadora comezou unha intensa campaña para captar abonados establecendo unha cota inicial para cada socio de 1.200 pesetas (7,20 €)

Con todo, os ingresos eran insuficientes para aforntar os primeiros trámites e poder sacar un equipo a competición, polo que se decidiu organizar un amigable para recadar fondos. Así, o 8 de maio de 1983 xogaría a S.D. Villestro o primeiro encontro de carácter amigable perante o Ortoño a fin de recadar fondos; e o 16 de xullo do mesmo ano outro contra unha selección de xogadores de Santiago

Contabilidade

O 7 de agosto de 1983 a Federación Galega de Fútbol aceptaba a solicitude de afiliación do Club así como a petición de ser incluído en competicións oficiais asignandolle o número 1.405

Autorizacion Federacion

O 18 de agosto de 1983 preséntase na Delegación de Santiago o primeiro boletín de afiliación, quedando deste xeito inscrito na competición

Boletin Inscripción

O 10 de outubro de 1983 a S.D. Villestro disputou o seu primeiro partido oficial

Equipo 1983

Aquel histórico día o equipo que presentou a S.D. Villestro logrou gañar ó Rial C.F. por 8-1. Os compoñentes deste primeiro equipo eran:

1 Fraga Abete, Isaac
2 Fontáns Vite, José
3 Lemos Iglesias, José
4 Álvarez Quintáns, José Antonio
5 Rodríguez Conde, Ángel
6 Mato Barreiro, José;
7 Vázquez Duarte, Antonio
8 Valiñas Freire, José
9 Cebey Fraga, Juán
10 Conde Míguez, Ricardo
11 Cardelle Jallas, Manuel
12 Portos Carnota, Francisco
13 Pazos Baliñas, Gerardo
14 Torres Raíndo, José;
15 Sánchez Pérez, José;
Adestrador: Conde Míguez, Jose Manuel

 

Esa tempada tamén conformarían o equipo:

- Pombo Boquete, José
- Garabal Fernández, Daniel
- Alonso Garabal, Ramiro

 

Unha vez consolidado o equipo afeccionado, barallouse a posibilidade de crear categorías inferiores que surtiran ó primeiro equipo de efectivos.

Na tempada 1986-87, creariase o primeiro equipo infantil da historia da S.D. Villestro

Equipo Infantil

Aquel equipo infantil que gañaría Liga, Copa, Trofeo á Deportividade no ano do seu debút, estaba formado por: Andrés Carballal López; Juán Carlos Pazos Ferreiro; José González Camiño; Juán Suárez Trenco; Juán Miramontes López; Daniel Romero Blanco; Daniel Moure Mansilla; Manuel Millán Otero, Manuel; José Lagares Piñeiro; Óscar Rey Eiras; Juán Carlos Míguez Rodríguez; Daniel Miramontes Torreira; Juán Millán Otero; Francisco Miramontes Cajade; José Castro Pérez.

Adestrador: Ramiro Alonso Garabal

 

O día 10 e de agosto de 1987 solicitábase por escrito ante a Federación a incursión do equipo xuvenil na competición oficial, polo que na tempada 1987-88 apareceu o primeiro equipo xuvenil da historia do Club

Equipo Xuvenil

Aquel primeiro equipo xuvenil da historia do Club estivo integrado por: Andrés Carballal López; José Vilouta Vázquez; Adolfo Fernández Beiroa; Juán Suárez Trenco; Juán Miramontes López; Manuel Mosquera Francisco; Juán José López Garabal; Antonio Vázquez Gómez; Daniel Moure Mansilla; Enrique García Camafeita; Enrique Villaverde Castro; Manuel Mosquera López; Miguel Rey Eiras; Manuel Millán Otero

 

A pesares de que todo parecía ir ben, os problemas económicos facían moito dano á entidade e a creación das categorías inferiores viñeron a agrandar o buraco que había nas arcas do Club. Os ingresos dos socios eran insuficientes e as recadacións dos partidos non chegaban para afrontar os gastos xerados durante toda unha tempada polos distintos equipos, polo que Ó remate da tempada 1987-88 a Directiva viuse na obriga de dar de baixa o equipo sénior de cara a vindeira campaña

Baixa Equipo Sénior

Ós problemas económicos xuntáronse outros organzativos e de coordinación ós que o Club non foi quen de afrontar.

Así, na tempada 1989-90 o club inscribiu a competición os equipos xuvenil e infantil. Non obstante, a falta de rapaces levou tamén á que o equipo xuvenil non se presentara a varios encontros ligueiros, o que desencadeou a expulsión do mesmo da competición e a conseguinte desaparición do equipo xuvenil o 10 de setembro de 1989 tempada, presentándose un só equipo a competición, o infantil que desaparecería ó remate da mesma tempada

Desaparición Club

Esta situación poría fin á primeira etapa da Sociedade Deportiva Villestro como Club.

 

 

Os anos escuros da S.D. Villestro

Entre os anos 1989 e 1993 a S.D. Villestro pasou á inactividade total, se ben nunca desapereceu como entidade deportiva.

A pesares da inactividade do Club, a práctica do fútbol na parroquia non quedou esquecido grazas á presenza do equipo de veteranos que continuou coa practica deste deporte, principalmente polo equipo do Comercial T.F.N.-Veteranos (inicialmente Peña O Desvío Veteranos).

Tamén existíu ata eses anos outro equipo de veteranos, Peña As Brasas-Veteranos, pero que tamén acabou desaparecendo a finais da década do 1980, deixando como único equipo da parroquia ó Comercial T.F.N.-Veteranos

Equipo veteranos

A importancia do equipo de veteranos foi vital para a refundación do Club, xa que del sairían boa parte dos novos Directivos que volverían a coller as renda da S.D. Villestro na súa segunda etapa a partires do ano 1993

 

 

A segunda etapa da S.D. Villestro

Na tempada 1993-94 a S.D. Villestro retornaría á competición oficial. Da man de D. Jesús Conde Míguez, constituese unha nova Directiva constiruida por:

PRESIDENTE: D. Jesús Conde Míguez

VICEPRESIDENTE: D. Antonio Freire Noya

SECRETARIO: D. José Manuel Torres Raíndo

TESOUREIRO: D. Juán Noya Adrán

DELEGADO: D. Juán Noya Adrán

VOGAIS: Juán Pazos Rial; Ramón Otero Pardo; Enrique Villaverde Castro; Ángel Sánchez Sánchez; José Ramón Baliñas Freire

 

Os obxectivos desta novo etapa estiveron claros dende o primeiro momento. Fomentar o deporte na parroquia e que non rematase todo como na etapa anterior, polo que a idea era comezar dende abaixo, pola base, e ir medrando con ela a medida que os xogadores ían mudando de categoría.

Nesta tempada 1993-94, o Club presentou a competición o primeiro equipo alevín da historia, así como un equipo infantil. Ademáis, comezaba tamén a súa participación na modalidade de fútbol sala con dous equipos alevíns

Equipo alevín

Na tempada 1994-95, a S.D. Villestro continuou co seu crecemento xa que, ademáis das categorías xa formadas, entraron a competición os primeiros equipos de categoría cadete, benxamín e prebenxamín da historia do Club.

Equipo prebenxamín

A estas novidades tamén habería que incluir nesta tempada o primeiro equipo feminino da historia do Club, que competiría na modalidade de fútbol sala.

Na tempada 1995-96 inscribíase na competición un equipo xuvenil, logrando completar deste xeito, e en tan só tres anos, todas as categorías de base que pode ter unha entidade deportiva.

Na tempada 1998-99 entra en competición o equipo sénior e aínda que non era o primeiro do Club, foi igualmente importente xa que viña a ser o colofón do proxecto deportivo da S.D. Villestro, sair a competición en todas as categorías do Club, dende prebenxamín ata a sénior.

Equipo senior

Na tempada 1999-2000 organízase o primeiro campionato ligueiro na modalidade de fútbol-7 para a categoría benxamín. O Villestro non falta a cita e presenta a competición o primeiro equipo benxamín de fútbol-7 da súa historia.

Equipo benxamin f7

Na tempada 2011-2012 dase unha volta de torca máis e sae a competición o primeiro equipo feminino de fútbol da histoira do Club.

Equipo femenino

Con todo en marcha e sen contratempos, máis alá dos deportivos, que puideran por en perigo a estabilidade do Club, a S.D. Villestro comeza un periodo de consolidación do traballo iniciado co fin de garantir a practica do fútbol na parroquia. Con todas as categorías en competición, e participando nas modalidades de fútbol sala e fútbol campo, a Entidade vai salvando as tempadas e conformando equipos, algúns anos con máis dificultades pola falta de nenos, e outros sen problemas, pero sempre fiel á idea inicila desta segunda etapa do Club, fomentar o deporte dende o máis abaixo, e no económico non estirar o brazo mñais do que da a manga.

Co paso dos anos o Villestro vai consolidando o seu proxecto e os equipos que entran en competición van aumentando lentamente e de forma sostible a medida que transcorren as tempadas, aínda que as condicións de traballo e os servizos dispoñibles non eran os máis axeitados.

Un factor importante para a consolidación de todo este proceso era a mellora das instalacións deportivas da Barrosa. Un campo de fútbol de area, que en inverno era prácticamente impracticable, e cuns vestiarios e servizos moi deficientes non eran dignos para un club que estaba a traballar cun gran número de rapaces. Este pasou a ser a gran teima da Directiva do Club e o gran obxectivo polo que había que pelexar, toda vez que o traballo deportivo estaba consolidado, o de conseguir un campo de fútbol novo para Villestro.

Foron moitos anos de loita, reclamacións, xuntanzas, e de promesas inclumpidas, pero ó remate da tempada 2009-2010 inicianse as obras do novo campo de fútbol. Habería que agardar ata mediados da tempada 2010-11 para poder comezar a disfrutar das instalacións novas. O domingo 6 de febreiro de 2011 inaugurabase o novo campo de fútbol da Barrosa cun encontro entre o equipo cadete da S.D. Villestro e o C.D. Belvís, e cunha gran presenza das categorías inferiores do Club

Novo campo

Asistencia novo campo

Actualmente a S.D. Villestro está moi viva e está a presentar máis de 18 equipos a competición nas modalidades de fútbol e fútbol-8, e un mínimo de 6 equipos na modalidade de fútbol sala.

Son máis de 20 os equipos e preto de 350 os rapaces e rapazas que presenta cada tampada o Villestro a competición. E todo grazas ó esforzo e dedicación dos monitores, adestradores e coordinadores que xestionan o tempo e o traballo cos rapaces dende a humildade e o amor a unhas cores.

Sociedade Deportiva Villestro

  • Dirección: Rúa Tras Igrexa nº18
    Santiago de Compostela 15896
  • E-mail: sdvillestro@yahoo.es E-mail: sdvillestro@sdvillestro.com
  • Website: www.sdvillestro.com
  • Móvil: 696173726
  • Fax: 981537818 (CSC Villestro)

Colaboradores

Patrocinadores