O Club
S.D. Villestro. A orixe
A historia da S.D. Villestro
A PRIMEIRA ETAPA DA S.D. VILLESTRO
A comezos da década de 1980 o fútbol na parroquia de Villestro era practicado polos de sempre, por aqueles mozos dos 70 que agora xa non o eran tanto, e que conformaron peñas de amigos coas seguían gozando deste deporte. Os rapaces da parroquia tiñan que irse a outros clubs dos arredores cunha base sólida e neles participaban en competicións federadas
Os máis veteranos negaban a resignarse a que todo o esforzó e ilusión que eles puxeran en anos anteriores se perdera, polo que a idea de crear un club de fútbol oficial íase facendo cada vez máis forte.
Sería un 25 de marzo do ano 1983 cando boa parte dos integrantes da Peña O Desvío, reunidos en Roxos no bar do mesmo nome, decidiron ir adiante coa idea e fundar un equipo de fútbol na parroquia. Embargados pola emoción do momento, ese mesmo día decidiron levantar acta do alí acordado, constituir a Xunta Directiva e comezar os trámites necesarios para dar a entidade de alta de forma oficial.
Deste xeito decidiuse formar a primeira Directiva do club que estivo composta da seguinte maneira:
PRESIDENTE: D. Enrique Barros García
VICEPRESIDENTE: D. Francisco González Rey
SECRETARIO: D. José Capeáns Ortoño
TESOUREIRO: D. Jesús Conde Míguez
VOGAIS: D. Prudencio Javier Sánchez Pereira, D. Francisco Acuña García, D. Jaime Castiñeiras Sánchez, D. Ramón Otero Pardo, D. Manuel Mato Señarís, D. Manuel Pérez Fernández, D. Juán Pazos Rial, D.José Manuel Conde Míguez
Unha vez dado o paso adiante, veu o momento do deseño do escudo que despois de varias propostas declináronse pola máis sinxela, un triángulo invertido de cor azul cunha franxa branca vertical que remata en forma de punta no centro no que apareza o nome da parroquia en cor azul. Na parte superior do triángulo un rectángulo branco adaptado á fórma do triángulo nos vértices coas letras S.D. no centro do mesmo en cor azul. Na parte superior do triángulo aparece a figura dun xogador golpeando un balón
Os primeiros pasos estaban dados e comezaba o momento de porse mans á obra. A Directiva fundadora comezou unha intensa campaña para captar abonados establecendo unha cota inicial para cada socio de 1.200 pesetas (7,20 €)
Con todo, os ingresos eran insuficientes para aforntar os primeiros trámites e poder sacar un equipo a competición, polo que se decidiu organizar un amigable para recadar fondos. Así, o 8 de maio de 1983 xogaría a S.D. Villestro o primeiro encontro de carácter amigable perante o Ortoño a fin de recadar fondos; e o 16 de xullo do mesmo ano outro contra unha selección de xogadores de Santiago
O 7 de agosto de 1983 a Federación Galega de Fútbol aceptaba a solicitude de afiliación do Club así como a petición de ser incluído en competicións oficiais asignandolle o número 1.405
O 18 de agosto de 1983 preséntase na Delegación de Santiago o primeiro boletín de afiliación, quedando deste xeito inscrito na competición
O 10 de outubro de 1983 a S.D. Villestro disputou o seu primeiro partido oficial
Aquel histórico día o equipo que presentou a S.D. Villestro logrou gañar ó Rial C.F. por 8-1. Os compoñentes deste primeiro equipo eran:
- 1 Fraga Abete, Isaac
- 2 Fontáns Vite, José
- 3 Lemos Iglesias, José
- 4 Álvarez Quintáns, José Antonio
- 5 Rodríguez Conde, Ángel
- 6 Mato Barreiro, José;
- 7 Vázquez Duarte, Antonio
- 8 Valiñas Freire, José
- 9 Cebey Fraga, Juán
- 1
- 0 Conde Míguez, Ricardo
- 1
- 1 Cardelle Jallas, Manuel
- 1
- 2 Portos Carnota, Francisco
- 1
- 3 Pazos Baliñas, Gerardo
- 1
- 4 Torres Raíndo, José;
- 1
- 5 Sánchez Pérez, José;
Esa tempada tamén conformarían o equipo:
Unha vez consolidado o equipo afeccionado, barallouse a posibilidade de crear categorías inferiores que surtiran ó primeiro equipo de efectivos.
Na tempada 1986-87, creariase o primeiro equipo infantil da historia da S.D. Villestro
Aquel equipo infantil que gañaría Liga, Copa, Trofeo á Deportividade no ano do seu debút, estaba formado por: Andrés Carballal López; Juán Carlos Pazos Ferreiro; José González Camiño; Juán Suárez Trenco; Juán Miramontes López; Daniel Romero Blanco; Daniel Moure Mansilla; Manuel Millán Otero, Manuel; José Lagares Piñeiro; Óscar Rey Eiras; Juán Carlos Míguez Rodríguez; Daniel Miramontes Torreira; Juán Millán Otero; Francisco Miramontes Cajade; José Castro Pérez.
Adestrador: Ramiro Alonso Garabal
O día 10 e de agosto de 1987 solicitábase por escrito ante a Federación a incursión do equipo xuvenil na competición oficial, polo que na tempada 1987-88 apareceu o primeiro equipo xuvenil da historia do Club
Aquel primeiro equipo xuvenil da historia do Club estivo integrado por: Andrés Carballal López; José Vilouta Vázquez; Adolfo Fernández Beiroa; Juán Suárez Trenco; Juán Miramontes López; Manuel Mosquera Francisco; Juán José López Garabal; Antonio Vázquez Gómez; Daniel Moure Mansilla; Enrique García Camafeita; Enrique Villaverde Castro; Manuel Mosquera López; Miguel Rey Eiras; Manuel Millán Otero
A pesares de que todo parecía ir ben, os problemas económicos facían moito dano á entidade e a creación das categorías inferiores viñeron a agrandar o buraco que había nas arcas do Club. Os ingresos dos socios eran insuficientes e as recadacións dos partidos non chegaban para afrontar os gastos xerados durante toda unha tempada polos distintos equipos, polo que Ó remate da tempada 1987-88 a Directiva viuse na obriga de dar de baixa o equipo sénior de cara a vindeira campaña
Ós problemas económicos xuntáronse outros organzativos e de coordinación ós que o Club non foi quen de afrontar.
Así, na tempada 1989-90 o club inscribiu a competición os equipos xuvenil e infantil. Non obstante, a falta de rapaces levou tamén á que o equipo xuvenil non se presentara a varios encontros ligueiros, o que desencadeou a expulsión do mesmo da competición e a conseguinte desaparición do equipo xuvenil o 10 de setembro de 1989 tempada, presentándose un só equipo a competición, o infantil que desaparecería ó remate da mesma tempada
Esta situación poría fin á primeira etapa da Sociedade Deportiva Villestro como Club.