O Club

As nosas estrelas

Xogadores formados no Villestro que converteronse en referentes.

BORJA GOLÁN

Borja Golán formou para da S.D. Villestro nas tempadas 95-96 e 96-97 na categoría infantil. No seu paso á categoría cadete decidiu cambiar o fútbol polo squash, modalidade que tamén practicaba e compaxinaba. O cambio foi acertado, xa que con sacrificio e dedicación Borja Golán converteuse no mellor xogador español de squash de todos os tempos, cun currículum inigualable, e nun dos mellores xogadores do mundo acadando numerosos campionatos internacionais.

No seu currículum deportivo podemos destacar:

– 16 veces Campión de España. Dende o 2002 gañou todos os campionatos de España agás o do 2010.

– Subcampión de España no ano 2019.

– Campión de Europa no 2016 e 2018.

– Subcampión de Europa no 2006, 2012 e 2016.

– Medalla de Bronce no Campionato de Europa de 2017.

– Estivo entre o Top Five do squash munidial. Actualmente atópase entre os 15 mellores do mundo.

– Vencedor de 16 torneos profesionales (PSA): Brescia (Italia) no 2002; Barcelona (España) no 2002; Calgary (Canadá) no 2002; Brescia (Italia) no 2003; Goiania (Brasil) no 2003; Atlanta (EEUU) no 2004; Goiania (Brasil) no 2004; Barcelona (España) no 2005; Saskatoon (Canadá) no 2005; Vancouver (Canadá) no 2005; Salónica (Grecia) no 2005; Dublín (Irlanda) no 2006; Islamabad (Paquistán) no 2006; Wolverhampton (Inglaterra) no 2007; Bogotá (Colombia) no 2007; Winnipeg (Canadá) no 2008

– Subcampeón en Buenos Aires de un torneo profesional en 2005; Subcampeón en Halifax (Canadá) de un torneo profesional en 2007; Subcampeón en Dublín (Irlanda) de un torneo profesional en 2007; Subcampeón en Bogotá (Colombia) de un torneo profesional en 2007; Subcampeón en Halifax (Canadá) de un torneo profesional en 2008

FERNANDO SEOANE

Fernando Seoane comezou a súa carreira futbolística na S.D. Villestro na tempada 93-94. Militaría no Club ata a categoría cadete, pasando entón a formar parte da S.D. Compostela onde completraría a súa etapa de formación.

Debutaría como profesional na S.D. Compostela. Logo continuaría a súa carreira deportiva no C.D. Alavés; Burgos C.F.; Écija Balompié; C.D. Lugo; Nastic de Tarragona; e C.D. Lugo

DAVID PALMAS

David Palmas militou na S.D. Villestro na tempada 96-97, sendo xogador alevín. co paso dos anos decantaríase máis polo fútbol sala pasando a formar parte da canteira do Autos Lobelle (actual Santiago Futsal).

Debutaría como profesional no Autos Lobelle. Logo continuaría a súa carreira deportiva no G.S.I. Bilbo; voltaría ó Autos Lobelle; Rios Renovables Ribera Navarra; e Santiago Futsal.

ÁLVARO LEMOS

Álvaro Lemos iniciou a súa carreira deportiva na S. D. Villestro na tempada 1997-98, cando apenas tiña 4 anos. Permaneceu nas filas da S.D. Villestro ata a categoría alevín, dende a que pasou a formar parte das categorías inferiores do R.C. Deportivo da Coruña, no que continuaría a súa formación até o profesionailismo.

Debutaría como profesional no R.C. Deportivo da Coruña "B" (Fabril). Logo continuaría na S.D. Compostela; C.D. Lugo (onde coincidiría con Fernando Seoane); R.C. Celta de Vigo; R.C. Lens; C.D. Lugo; e U.D. Las Palmas ().

RODRIGO IGLESIAS

Rodrigo Iglesias tamén iniciou a súa carreira deportiva na S. D. Villestro competindo na categoría Benxamín. Pronto comezaría a despuntar como porteiro, pasando pronto a engrosar ás filas do R.C. Deportivo da Coruña na categoría alevín no que continuaría a súa formación.

Como xogador de elite a súa traxectoria aínda é curta. Debutaría no R.C. Deportivo da Coruña "B" (Fabril). Logo continuaría na C.D. Boiro; paso fugaz polo C.D. Ribadumia para volver á C.D. Boiro, co que acadaría o ascenso a 2ª División "B"; Recalaría nas filas da S.D. Negreira na empada 2017-18 de novo en 3ª División e formaría parte da Selección Galega Sub-23. Na tempada 2018-19 voltaría para o C.D. Boiro.

RUBÉN MÁRQUEZ

Rubén Marquez xogaría unha unicamente na tempada 96-97 na S.D. Villestro, aínda que non foi o seu Club de inicio. As súas cualidades físicas e técnicas levarono á tempada seguinte a formar parte das categorías inferiores da S.D. Compostela, onde continuaría a súa formación.

Como xogador de debutaría coa S.D. Negreira en 2ª División "B" na tempada 2005-06. Logo continuaría por equipos como Badalona; S.D. Compostela; Santa Comba; C.D. Boiro; S.D. Dubra; Bergantiños C.F.

MARTÍN BELLO

Martín Bello formaopu parte da S.D. Villestro dende pouco menos dos 9 anos. XogadoA forte e rápido que nunca ocultou a súa paixón polo motor e que, cando tivo a oportunidade e a idade axeitada, pasaría a crear a súa propia escudería e competir en campionatos de ralies e autocross.

Como piloto proclamouse 4 veces Campión Galego de Autocross, sendo o máis xoven da historia en conseguilo; Campión Galego de Rallies de asfalto; e Campión Galego de Resistencia Autocross. Tamén participaría en probas do Nacional de Asfalto vencendo en varias delas