Memorial
MEMORIAL SUSO CONDE - VI EDICIÓN
A S.D. Villestro celebra a VI edición do Memorial Suso Conde, unha xornada de fútbol e lembranza dedicada a manter viva a memoria e o legado do histórico presidente do Club.
Actividades
Memorial
A S.D. Villestro celebra a VI edición do Memorial Suso Conde, unha xornada de fútbol e lembranza dedicada a manter viva a memoria e o legado do histórico presidente do Club.
Actividade
Proyecto social
A.S.D. Villestro da comezo a un novo proxeto dentro das actividades que desenvolve o Club. O "BANCO SOLIDARIO DE ROUPA E BOTAS". Despois de escoitar as demandas e propostas de numerosos pais e naisá S.D. Villestro pareceulle unha magnífica idea a de crear un Banco Solidario de Roupa do Club e Botas que irá dirixido a axudar a aquelas familias con poucos recursos que dispoñan de rapaces na nosa Entidade. Os criterios de valoración para a entrega do material do Banco de Roupa e calzado serán de total competencia dos responsables da área deportiva e directiva do Club. COMO FUNCIONA O BANCO SOLIDARIO DE ROUPA E BOTAS DA S.D. VILLESTRO?. Se a roupa do Club do voso fillo/a xa lle queda pequena, está en bo estado, non sabedes que facer con ela, e/ou desexades que se poida seguir aproveitando, podedes entregala ó Banco de Roupa e Calzado do Club. De forma paralela, toda aquela roupa que os rapaces vaian esquecendo nos adestramentos e que nin eles nin os seus pais/nais a reclamen, permanecerá gardada nun espazo individualizado e ó remate da tempada todo o que non se reclamou pasará a formar parte do Banco de Roupa e Calzado do Club. ONDE SE GARDA A ROUPA?. O Club dispón dun espacio habilitado para a recollida de roupa e botas de fútbol donados polos pais e nais. Esta será lavada novamente e ordenada por talla e modelo para a súa correcta e sinxela doazón.
Evento
A data do Nadal é sempre especial para todos e, moito máis para as familias que confoman a Sociedade Deportiva Villestro. A xa tradicional Cea de Nadal comezou a facerse grazas á vontade dun grupo de pais e nais que decidiron levar adiante a súa organización. O éxito da primeira edición, que celebrou un xantar, fixo que se prolongase no tempo a súa celebración. Con motivo do 25 aniversario do Club a organización decidiu celebrar unha Gala especial, polo que o xantar pasou a Cea. O éxito da mesma e a emotividade do acto conlevou a que se continuase coa celebracíon da Cea de Nadal ata a actualidade. A Cea de Nadal, actualmente organizado pola Directiva da Entidade, supón un importante evento para o Club, xuntando para a mesma máis de 300 persoas entre xogadores, adestradores, socios e familiares. Nela sorteanse agasallos e repártense premios, grazas á xenerosa aportación dos nosos patrocinadores e amigos, emítense videos e disfrutase dunha gran xornada en familia, rematando todo con actuacións musicais. Para a próxima Cea de Nadal, incorporarase máis información en este apartado. XA TEMOS DATA PARA O XANTAR DE NADAL DO ANO 2019/em>. Será o VENRES 6 de Decembro, ás 14:00 h. no Restaurante "LOS ROBLES" (Cacheiras-Teo). Volverá haber sorteo de agasallos para os máis pequenos e para os maiores, música, baile..., e máis sorpresas.
Memorial
Cada 15 de Agosto a Sociedade Deportiva Villestro rinde homenaxe ó que fora xogador do Club dende idades máis nova, Sergio Lemos Collazo, fatidicamente falecido nun accidente de tráfico con tan só 18 anos. Foi tal a impronta que Sergio deixo coa súa marcha, que o Club decidiu renderlle homenaxe para que non caia no esquecemento, e para agradecerlle a el e a toda a súa familia a dedicación, traballo e os momentos vividos dentro da nosa Entidade. A data, ademais de render homenaxe e Sergio, serve para presentar de forma oficial ó primeiro equipo do Club ante a afección. Para elo, téntase traer ós mellores equipos da contorna co fin de garantizar unha gran xornada. Equipos como o Xallas de Santa Comba, o Bertamiráns de 3ª División, o Grixoa de 3ª División, ou os xuvenis de División de Honra do Deportivo da Coruña (en 2 ocasións), a S.D. Compostela ou o Santiago de Compostela son algúns dos nomes que figurarán para sempre na historia deste Memorial. NESTA X EDICIÓN O EQUIPO CONVIDADO SERÁ O SIGUEIRO C.F. XI EDICIÓN DO MEMORIAL SERGIO LEMOS
Instalar SD Villestro
Acceso rápido desde a pantalla de inicio