Benvidos a Páxina Web oficial da SD Villestro

Últimas novas do clube

 

 

 

 

A todos os pais e nais:

A Xunta Directiva da S.D.Villestro, reunida este mes de Xullo, decidiu levar a cabo unha serie de cambios no funcionamento do clube para poder seguir medrando ano a ano.
            O principal tema a tratar, e que foi aprobado por unanimidade, era o cobro dunha cuota anual a cada xogador. Consideramos necesario un incremento nos ingresos dedicados as cotas dos xogadores. Desta maneira as desicións finais tomadas foron as seguintes:

  • Cada xogador de fútbol e fútbol 7 terá que abonar 40 € + 30 € dun canet de socio do clube. Asi cada xogador aporta 70 € anuais o clube.
  • Cada xogador de fútbol sala terá que abonar 30 € + 30 € dun canet de socio do clube. Asi cada xogador aporta 60 € anuais o clube.
  • Un xogador inscrito en fútbol 7 e fútbol sala só deberá abonar unha cuota (40 € + 30 €)
  • No caso de ser varios irmáns os pais só deberán abonar 50 € + 30 € por todos, e decir 80 €
  • Non obrigar a ningún xogador a adquirir o material do clube ( chandals, sudaderas, etc ) pero si recomendar a súa compra.
  • Tanto o pago da cuota como a retirada do carnet de socio deberanse efectuar durante o mes de setembro para as modalidades de fútbol e fútbol-7, e durante o mes de outubro para os de fútbol sala, integramente nas oficinas do clube.          

Reciban un cordial saúdo.
      A Directiva

            * Se alguén ten problemas para efectuar os pagos pode poñerse en contacto co clube.

Nova tempada

O clube xa esta traballando de cara a vindeira tempada e practicamente xa esta a totalidade do cadro tecnico pechado agás na categoria cadetes no que ainda queda por definir o adestrador. Destacamos tamén a inscripción de dous equipos novos como son o de terceira rexional e un segundo equipo de xuvenis, e non descartamos aumentar o número tanto en alevins como en  benxamins no caso de que se apuntaran novos nenos. Desta maneira os adestradores serían os seguintes:


2ª REXIONAL----1ª ADESTRADOR: JACOBO MIGUEZ CALVO
2ª ADESTRADOR: SANTIAGO GARCIA CAO
ADESTRADOR DE PORTEIROS: MARIO RODRIGUEZ OTERO

3ª REXIONAL----1ª ADESTRADOR: JOSE JORGE RAÑA CALVO "KIKO"

XUVENIS "A"----1ª ADESTRADOR:  SUSO CEBEY
2ª ADESTRADOR:  JOSE RECOUSO

XUVENIS "B"----1ª ADESTRADOR:  JOSÉ RAMÓN VIEITO
2ª ADESTRADOR:  MIGUEL LÓPEZ

CADETES-------1º ENTRENADOR----MARTÍN FAJÍN
2º ENTRENADOR---JAVIER OTERO
DELEGADO---MARCOS SAYANS

INFANTIS-------1ª ADESTRADOR:  JUAN FUENTES

ALEVINS "A"---- 1ª ADESTRADOR:  GERARDO COSTA
2ª ADESTRADOR:  JOSÉ MANUEL LUEIRO

ALEVINS "B"-----1ª ADESTRADOR:  ADRIAN DOMÍNGUEZ
2ª ADESTRADOR:  BORJA PAZOS

BENXAMINS-----1ª ADESTRADOR:  ALBERTO FONTÁNS
2ª ADESTRADOR:  FRANCISCO GONZÁLE
ADESTRADOR DE PORTEIROS:  FERNANDO CONDE 


 

 

 

14/06/2010

Empezan as obras de construcción do novo campo da Barrosa

- Esta pasada semana comenzarón as obras de remodelación do campo da Barrosa, que dotará ó novo campo de un novo e máis grande terreo de xogo de céspede artificial asi como de unhas gradas e vestuarios acordes as necesidades do clube. Prevese que o proxecto estea concluido en un prazo máximo de 4 meses.

Pincha nos enlaces para abrir os arquivos coa información do proxecto...

-Parte 1 , -Parte 2 , -Parte 3 , -Parte 4

 

08/06/2010

Romaría do Deporte 2010

- Outro ano máis a Romaría do Deporte celebrouse con un éxito notorio tanto de asistencia como de organización. Nesta XV edición a climatoloxía respetou o evento e poideronse levar a cabo tódalas as actividades preparadas para a ocasión. A Organización da Romaría agradecelles os asistentes pola sua presencia e participación nesta edición e agarda volver a velos o vindeiro ano.

Pincha no enlace para ver as fotos desta última edición....

-Fotos Romaría do deporte 2010

 

 

01/06/2010

Fernando ficHa polo Nástic de Tarragona

- O ex-xogador das categorias inferiores da SD Villestro, Fernando Seoane, fichou polo Nástic de Tarragona que milita na 2ª División da liga Española.

Pincha no enlace para obter máis información...

-Fernando ficha polo Nástic

 

 

04/06/2010

Creación do equipo femenino de fútbol da SD Villestro para tempada 2010/2011

- A SD Villestro busca mozas para formar un equipo femenino para a próxima tempada. Rogámoslle ás interesadas que se poñan en contacto connosco no prazo de tempo máis breve posible.

 

 

08/06/2010

O équipo de Benxamíns Os Camiños Campión da Copa de Santiago de Fútbol Sala

- O équipo de Benxamíns Os Camiños proclamouse, este pasado fin de semana, campión da copa de Santiago de fútbol sala. Tanto rapaces, adestradores como pais fixerón un gran esforzo durante toda a tempada e merecén un premio coma este. Noraboa CAMPIÓNS.

Pincha no enlace para poder ver as fotos da final e da celebración...

-Final Benxamíns Fútbol Sala

 

 

 

 

   

© S.D. Villestro . Tódolos dereitos reservados